Reportaxe sobre cooperativas de consumo
Escrito por admin en Consumo responsable, DocumentaciónInteresante reportaxe de “Comando actualidad” na Primeira: “Aquí hay tomate, directo al consumidor”
Posts Tagged “vídeo”
30
01
2010
Reportaxe sobre cooperativas de consumoEscrito por admin en Consumo responsable, DocumentaciónInteresante reportaxe de “Comando actualidad” na Primeira: “Aquí hay tomate, directo al consumidor”
25
05
2009
Vídeos das VII Xornadas do Espacio por un Comercio JustoEscrito por admin en Actividades de Panxea, Recomendación, formaciónXa podedes ver as conferencias dos diversos poñentes que participaron nas “VII Jornadas de Comercio Justo y Consumo Responsable” que, co título ‘Consumir más, ¿parte de la solución o parte del problema?‘ celebramos os días 6 e 7 de marzo en Barcelona organizadas pola Xarxa de Consum Solidari e o “Espacio por un Comercio Justo”, do que PANXEA forma parte. Están ao voso dispor as ponencias de Albert Recio sobre o papel do consumo na economía crítica, Joaquim Sempere sobre “Mellor con menos. Explosión consumista e crise ecolóxica”, Xavier Montagut, que falou de “Alternativas dende a agricultura e a alimentación”, Alberto Montero, sobre “Tratados comerciais e bancos rexionais ao servizo dos pobos”, Juan Pablo Muñoz, que falou da ”Soberanía alimentar na nova constitución ecuatoriana”, Mireya Sanz sobre “Agroecoloxía e soberanía alimentar en Cuba”, e Manuel López, que falou sobre “Experiencias de soberanía alimentar en Venezuela”. Para velas, entrade neste enlace. Tags: Consumo responsable, Espacio por un Comercio Justo, soberanía alimentar, vídeo, xornadas
21
04
2009
Vídeo das accións do Día Internacional da Loita LabregaEscrito por admin en Actividades de PanxeaAquí tedes o vídeo da acción do día da Loita Labrega que a Plataforma Galega Antitransxénicos e mais a Rede Anticapitalista, da que PANXEA forma parte, organizaron o pasado día 17 en Compostela, no marco do Día Internacional da Loita Labrega.
O vídeo recolle a escenificación do enterro da agricultura e unha acción-denúncia nunha área comercial, e inclúe tamén imaxes da comitiva galega da manifestación estatal contra os transxénicos do día 18 en Zaragoza, á cal se sumou o Sindicato Labrego Galego. Mais info no web da RA.
Podes ver o vídeo completo clicando na imaxe ou na sección de “materiais en liña” do noso centro de recursos.
Tags: antitransxenicos, ra, vídeo
Aquí tedes un vídeo moi entretido que explica de xeito ameno e didáctico cales son as orixes e as consecuencias do noso modelo de consumo (tamén o podedes consultar na sección de “materiais en liña” do noso “centro de recursos”). Botádelle un ollo, paga a pena Tags: consumo consciente, formación, Historia de las cosas, vídeo |