Posts Tagged “soberanía alimentar”
Os vindeiros días 18 e 19 de xuño celebrarase en Lugo o curso “A práctica do Comercio Xusto dende a perspectiva da Soberanía Alimentar” organizado por A Cova da Terra, Xarxa de Consum Solidari, PANXEA, e o Espacio por un Comercio Justo.
O curso xira arredor de tres obradoiros impartidos por especialistas nas materias: “Modelos de produción alimentar” (Fernando Fernández), “Cooperación internacional no Comercio Xusto dende a perspectiva da Soberanía Alimentar” (Jordi Gascón), e “Soberanía Alimentar e Comercio Xusto como instrumentos políticos” (Xabier Montagut).
As prazas son limitadas, e a data límite de inscrición é o día 14 de xuño
Se queres mais información preme aquí
Tags: Comercio Xusto, Espacio por un Comercio Justo, soberanía alimentar
No Hay Comentarios »
PANXEA ven de participar na Escola de Outono que a rede “Espacio por un Comercio Justo” celebrou entre os días 8 e 11 de outubro en Almada (Portugal), xunto con 16 organizacións de Portugal, Ecuador, Brasil, Francia e diversos lugares do estado español.
O “Espacio por un Comercio Justo”, do que PANXEA é organización fundadora, é unha rede de 30 organizacións europeas que defenden unha visión alternativa e global do comercio xusto, dende o produtor ao consumidor, ligado á loita pola soberanía alimentar e contra as políticas comerciais da globalización neoliberal.
Entre os temas a debate, falamos da problemática da comercialización de produtos de comercio xusto en época de crise económica e da necesidade de diferenciar mellor a mensaxe das entidades do “Espacio” fronte a outras organizacións de comercio xusto menos críticas co modelo de comercio imperante, e de denunciar a utilización do comercio xusto por multinacionais da distribución que utilizan selos coma FLO para certificar os seus produtos.
O experto brasileño Euclides Mance deu a coñecer as experiencias das redes de colaboración solidaria no Brasil. Michel Besson, da rede francesa MINGA, falou dos procesos de certificación participativa, e a organización indíxena e labrega UNORCAC, de Ecuador, presentou o seu traballo nas comunidades locais no ámbito da soberanía alimentar.
Tamén se decidiu a participación do “Espacio por un Comercio Justo” na “Alianza por la Soberanía Alimentaria de los Pueblos (ASAP)”, ademais da difusión de diversos materiais relacionados co comercio xusto e a soberanía alimentar.
Xa tedes a disposición o vídeo-resumo das xornadas.
Tags: Economía solidaria, Espacio por un Comercio Justo, soberanía alimentar
No Hay Comentarios »
Dentro da nova etapa que queremos abrir en PANXEA e sempre dacordo coa liña de apoiar iniciativas de soberanía alimentar que poñan en relación a pequenos produtores/as e a consumidores/as, presentámosvos hoxe unha iniciativa que parte do Sindicato Labrego Galego e que consiste nunhas Xornadas de Debate que baixo o título “ConSUMA Responsabilidade” pretenden comezar a falar sobre consumo responsable e circuitos alternativos de comercialización e de buscar novas vías de achegamento produtores/as-consumidores/as da contorna de Compostela.
A xornada celebrarase no Centro Sociocultural do Ensanche (Rúa Frei Rosendo Salvado, nº 14-16, baixo), o vindeiro venres 16 de outubro entre as 19:00 e as 21:30 horas, e dado que o aforo é limitado (30 persoas) pedímosvos que vos anotedes previamente contactando co SLG (981588532) ou en PANXEA.
Tags: Comercio Xusto, Consumo responsable, nova etapa, soberanía alimentar
No Hay Comentarios »
PANXEA, como membro da RA! súmase á semana “branca” de mobilizacions en apoio ao sector leiteiro que terá lugar dende o día 13 ao 17 de xullo, reivindicando a fixación dun prezo mínimo para o leite, a garantía da súa recollida e a modificación das actuais políticas agrarias estatais e europeas.
Como non temos tractor, tamén nos mobilizamos co noso tractor virtual de apoio.

Tags: leite, produtores, ra, soberanía alimentar, Tractorada
No Hay Comentarios »
Na liña de soberanía alimentar e comercio xusto no norte e no sur que PANXEA promove, temos o pracer de comunicarvos que xa podedes disfrutar na tenda da nova liña de conservas, confituras, marmeladas, e produtos ao natural de produción local (galega) que incorporamos hai pouco.
A empresa que nos suministra chámase Amorodo , e é unha pequena empresa de transformación de produtos de agricultura ecolóxica da comarca de Terra de Montes.
Vinde e probade, … están deliciosos …

Tags: agricultura ecolóxica, novos produtos, soberanía alimentar
No Hay Comentarios »

Presentámosvos hoxe o documental “De la mata a la olla“, que cun ar positivo e lúdico amosa as nefastas consecuencias que a extensión dos supermercados ten sobre a nosa alimentación, os labregos e labregas do sur e do norte, o comercio local, a precarización do emprego, …
e tamén como en moitos lugares (Ecuador, México, Cataluña, …) a xente comeza a organizarse para propor novas e mellores alternativas baseadas na soberanía alimentar para acceder á compra diaria.
Que o disfrutedes !!!
Tags: Comercio Xusto, Consumo responsable, espacio comercio justo, soberanía alimentar
No Hay Comentarios »
Xa tedes na nosa sección de “Materiais en liña” do “Centro de Recursos” o vídeo O mundo segundo Monsanto, versión subtitulada en castelán do documental de Maria-Monique Robin para o canal franco-alemán “Arte” sobre as malas artes da multinacional “Monsanto” e as súas influenzas no presente e futuro da agricultura, en especial no control de sementes, uso de pesticidas, transxénicos, …

Tags: Agroecoloxía e Soberanía Alimentar, antitransxenicos, soberanía alimentar, transnacionais
No Hay Comentarios »
PANXEA, como membro da RA! súmase mañá mércores día 17 á tractorada que convoca o SLG pola que varias caravanas de tractores circularán cara a 7 vilas e cidades de Galicia reivindicando a fixación dun prezo mínimo para o leite, a garantía da súa recollida e a modificación das actuais políticas agrarias.
Para os que non poidades acudir, temos aquí o noso tractor virtual de apoio.

Tags: leite, produtores, ra, soberanía alimentar, Tractorada
No Hay Comentarios »
Xa podedes ver as conferencias dos diversos poñentes que participaron nas “VII Jornadas de Comercio Justo y Consumo Responsable” que, co título ‘Consumir más, ¿parte de la solución o parte del problema?‘ celebramos os días 6 e 7 de marzo en Barcelona organizadas pola Xarxa de Consum Solidari e o “Espacio por un Comercio Justo”, do que PANXEA forma parte.
Están ao voso dispor as ponencias de Albert Recio sobre o papel do consumo na economía crítica, Joaquim Sempere sobre “Mellor con menos. Explosión consumista e crise ecolóxica”, Xavier Montagut, que falou de “Alternativas dende a agricultura e a alimentación”, Alberto Montero, sobre “Tratados comerciais e bancos rexionais ao servizo dos pobos”, Juan Pablo Muñoz, que falou da ”Soberanía alimentar na nova constitución ecuatoriana”, Mireya Sanz sobre “Agroecoloxía e soberanía alimentar en Cuba”, e Manuel López, que falou sobre “Experiencias de soberanía alimentar en Venezuela”.
Para velas, entrade neste enlace.
Tags: Consumo responsable, Espacio por un Comercio Justo, soberanía alimentar, vídeo, xornadas
No Hay Comentarios »
En coherencia cos obxectivos de soberanía alimentar e loita por un comercio xusto, tanto para os países do sur como no norte, PANXEA apoia as mobilizacións do sector leiteiro que se realizarán o 16 de abril en Madrid convocadas por tódolos sindicatos agrarios e co apoio de diversos colectivos (veterinarios, sindicatos, grupos de consumo, …) para que se pague aos gandeiros e gandeiras un prezo digno polo leite que producen e se garanta a súa recollida, evitando así a desaparición masiva de explotacións gandeiras que se ven producindo nos últimos anos, e apoiando o mantemento dun mundo rural vivo, digno e sustentábel.
Tags: leite, soberanía alimentar
No Hay Comentarios »
|