Posts Tagged “ra”

PANXEA, como membro da RA! súmase á semana “branca” de mobilizacions en apoio ao sector leiteiro que terá lugar dende o día 13 ao 17 de xullo, reivindicando a fixación dun prezo mínimo para o leite, a garantía da súa recollida e a modificación das actuais políticas agrarias estatais e europeas.

Como non temos tractor, tamén nos mobilizamos co noso tractor virtual de apoio.

Tags: , , , ,

Comments No Hay Comentarios »

PANXEA, como membro da RA! súmase mañá mércores día 17 á tractorada que convoca o SLG pola que varias caravanas de tractores circularán cara a 7 vilas e cidades de Galicia reivindicando a fixación dun prezo mínimo para o leite, a garantía da súa recollida e a modificación das actuais políticas agrarias.

Para os que non poidades acudir, temos aquí o noso tractor virtual de apoio.

Tags: , , , ,

Comments No Hay Comentarios »

 
Aquí tedes o vídeo da acción do día da Loita Labrega que a Plataforma Galega Antitransxénicos e mais a Rede Anticapitalista, da que PANXEA forma parte, organizaron o pasado día 17 en Compostela, no marco do Día Internacional da Loita Labrega.
 
O vídeo recolle a escenificación do enterro da agricultura e unha acción-denúncia nunha área comercial, e inclúe tamén imaxes da comitiva galega da manifestación estatal contra os transxénicos do día 18 en Zaragoza, á cal se sumou o Sindicato Labrego Galego. Mais info no web da RA.
 
Podes ver o vídeo completo clicando na imaxe ou na sección de “materiais en liña” do noso centro de recursos.

Día da loita labrega

Tags: , ,

Comments No Hay Comentarios »