
Para todos aqueles que ainda non tedes unha conta en Facebook e vos queirades rexistrar, aquí tedes o enlace: http://www.facebook.com/
De seguido buscade “PANXEA Comercio Xusto” e unídevos! Un novo xeito de crear grupo, compartir información, comentarios e poñernos máis en contacto!
É de balde e calquera pode unirse.
Tags:
comunicación,
facebook,
Novas
No Hay Comentarios »
Tamén dende o principio do ano 2009 PANXEA está presente tódolos venres pola mañá (de 9:30 a 14:00 aproximadamente) na Praza do Ensanche (ver mapa) en Santiago, cun posto conxunto con dous labregos da comarca. Pretendemos así facer unha pequena aposta na liña da Soberanía Alimentar, e en apoio a un pequeno mercado local. Recordade que nese posto podedes atopar tanto produtos de comercio xusto como productos agrícolas locais e artesáns (verdura, galletas, rosquillas, …). Ademais, todos/as que pasedes por alí estades invitados a tomar un café.

Tags:
Actividades de Panxea,
Novas,
posto,
praza ensanche,
soberanía alimentar
No Hay Comentarios »