Invitación á constitución de PANXEA Soc. Coop. Galega
Escrito por admin en Actividades de Panxea, Avisos, Socios
Ola amigos e amigas, queremos comunicarvos que PANXEA, Asociación para o Comercio Xusto e Solidario de Santiago de Compostela desde o ano 1995, INICIA UNHA NOVA ETAPA.
O vindeiro sábado constituirémonos como Cooperativa de Consumidores para continuar coa nosa liña de traballo no comercio xusto. En pouco tempo estrearemos o novo local na rúa da Rosa e ampliaremos as actividades. Ademais, introduciremos produtos ecolóxicos e locais na procura da soberanía alimentaria.
Invitámosvos a participar na Asemblea Constituinte da Cooperativa co fin de informarvos das características da mesma e se queredes, formar parte dela como socios ou socias dende o principio. A Asamblea será o Sábado, 6 de Febreiro de 2010 ás 17:00h da tardiña en Sargadelos (Rúa Nova, Santiago)
Para calquera dúbida ou aclaración os teléfonos de contacto son os seguintes: 649.350.628 (Gonzalo) e 639.441.965 (Vicente).
A proposta de Estatutos para a Cooperativa podedes consultala na seguinte entrada (xusto debaixo)
Esperámosvos en Sargadelos!
Tags: cooperativa, new panxea



Entradas (RSS)