Posts Tagged “feminismo”

Co lema “Todas as ferramentas contra as raíces da violencia” a Marcha Mundial das Mulleres convoca diversos actos para o mércores 25 Novembro, co gallo do Día Internacional contra a violencia de xénero. 
Con estes actos preténdese reivindicar a posta en marcha de todas as ferramentas necesarias nos ámbitos da educación, a cultura, o ensino, a sanidade, a xustiza, as institucións políticas, as relixiosas, os medios de comunicación, a sociedade, etc… así como a optimización e a utilización de todas as ferramentas xa existentes, que faciliten que toda a sociedade sexa quen de arrincar as raíces que sustentan a violencia machista e parar xa e dunha vez por todas as agresións de todo tipo que sofren as mulleres e as nenas.  
Convócase a toda a cidadanía a participar nos actos que as diferentes coordenadoras comarcais da MMM van realizar en conmemoración do Día internacional contra a Violencia de Xénero. e que en Compostela consistirán nunha concentración ese mesmo día 25 ás 20:30 horas na Praza do Toural. 
Mais información en www.feminismo.info

Tags: , ,

Comments No Hay Comentarios »

O mércores día 29 de abril, e dentro das actividades que PANXEA organiza co gallo do día internacional do Comercio Xusto (próximo 9 de maio), dende as 20:00 horas no Centro Sociocultural do Ensanche (Rúa Frei Rosendo Salvado nº 14-16, ao pé da Praza Roxa), teremos entre nós a Carmen Ruiz, socia da Cooperativa Artesana de producción Agrícola “El Rosal”, na zona de Intag, cantón de Cotacachi, Ecuador.

Carmen é unha militante activa pola soberanía alimentar, o medio ambiente, o empoderamento da muller e a creación de tecido social, que xunto coas súas compañeiras e compañeiros levan anos de loita contras as empresas transnacionais da minería do cobre que pretenden devastar a reserva natural de Cotacachi-Cayapas, un dos lugares con máis biodiversidade e variedade de ecosistemas de sudamérica.

Agardamos a vosa presenza a partires das 20:00h. no Centro Sociocultural do Ensanche, onde poderemos coñecer de primeira man experiencias de autoxestión de mulleres no sur para facer fronte a depredación de recursos, culturas e poboacións, e en defensa da súa terra. Ao remate convidaremos a un café (de Ecuador) con leite (galega, por suposto) aos asistentes.

Charla Carmen Ruiz

Tags: , , , ,

Comments No Hay Comentarios »