Posts Tagged “Espacio por un Comercio Justo”

O vindeiro xoves día 17 de xuño ás 20:00 horas, no local social de PANXEA (Rúa A Rosa, nº 36 baixo, Compostela) teremos unha charla coloquio con Carlos Osejo e Guadalupe del Carmen, membros de organizacións de produtores e comercializadores de café en Nicaragua que colaboran con Espanica, organización de comercio xusto coa que PANXEA colabora dende hai anos.

Será unha boa oportunidade de coñecer de primeira man tanto a realidade nicaragüense coma a experiencia de grupos de produtores e produtoras que traballan dende unha perspectiva de comercio xusto que engloba tanto a produción e comerclización do seu café como na loita por unha transformación social na súa realidade.

Estades todos e todas convidados (e haberá café, de Espanica, por suposto).

Tags: ,

Comments 1 Comentario »

Os vindeiros días 18 e 19 de xuño celebrarase en Lugo o curso “A práctica do Comercio Xusto dende a perspectiva da Soberanía Alimentar” organizado por A Cova da Terra, Xarxa de Consum Solidari, PANXEA, e o Espacio por un Comercio Justo.

O curso xira arredor de tres obradoiros impartidos por especialistas nas materias: “Modelos de produción alimentar” (Fernando Fernández), “Cooperación internacional no Comercio Xusto dende a perspectiva da Soberanía Alimentar” (Jordi Gascón), e “Soberanía Alimentar e Comercio Xusto como instrumentos políticos” (Xabier Montagut).

As prazas son limitadas, e a data límite de inscrición é o día 14 de xuño

Se queres mais información preme aquí

Tags: , ,

Comments No Hay Comentarios »

PANXEA ven de participar na Escola de Outono que a rede “Espacio por un Comercio Justo” celebrou entre os días 8 e 11 de outubro en Almada (Portugal), xunto con 16 organizacións de Portugal, Ecuador, Brasil, Francia e diversos lugares do estado español.

O “Espacio por un Comercio Justo”, do que PANXEA é organización fundadora, é unha rede de 30 organizacións europeas que defenden unha visión alternativa e global do comercio xusto, dende o produtor ao consumidor, ligado á loita pola soberanía alimentar e contra as políticas comerciais da globalización neoliberal.

Entre os temas a debate, falamos da problemática da comercialización de produtos de comercio xusto en época de crise económica e da necesidade de diferenciar mellor a mensaxe das entidades do “Espacio” fronte a outras organizacións de comercio xusto menos críticas co modelo de comercio imperante, e de denunciar a utilización do comercio xusto por multinacionais da distribución que utilizan selos coma FLO para certificar os seus produtos.

O experto brasileño Euclides Mance deu a coñecer as experiencias das redes de colaboración solidaria no Brasil. Michel Besson, da rede francesa MINGA, falou dos procesos de certificación participativa, e a organización indíxena e labrega UNORCAC, de Ecuador, presentou o seu traballo nas comunidades locais no ámbito da soberanía alimentar.

Tamén se decidiu a participación do “Espacio por un Comercio Justo” na “Alianza por la Soberanía Alimentaria de los Pueblos (ASAP)”, ademais da difusión de diversos materiais relacionados co comercio xusto e a soberanía alimentar.

Xa tedes a disposición o vídeo-resumo das xornadas.

Tags: , ,

Comments No Hay Comentarios »

Xa podedes ver as conferencias dos diversos poñentes que participaron nas “VII Jornadas de Comercio Justo y Consumo Responsable” que, co título ‘Consumir más, ¿parte de la solución o parte del problema?‘ celebramos os días 6 e 7 de marzo en Barcelona organizadas pola Xarxa de Consum Solidari e o “Espacio por un Comercio Justo”, do que PANXEA forma parte.

Están ao voso dispor as ponencias de Albert Recio sobre o papel do consumo na economía crítica, Joaquim Sempere sobre “Mellor con menos. Explosión consumista e crise ecolóxica”, Xavier Montagut, que falou de “Alternativas dende a agricultura e a alimentación”, Alberto Montero, sobre “Tratados comerciais e bancos rexionais ao servizo dos pobos”, Juan Pablo Muñoz, que falou da ”Soberanía alimentar na nova constitución ecuatoriana”, Mireya Sanz sobre “Agroecoloxía e soberanía alimentar en Cuba”, e Manuel López, que falou sobre “Experiencias de soberanía alimentar en Venezuela”.

Para velas, entrade neste enlace.

Tags: , , , ,

Comments No Hay Comentarios »