Día sen compras 2009
Escrito por admin en Actividades de Panxea, Campaña, Consumo responsable, Recomendación
O vindeiro día 27 de novembro celébrase o “Día sen compras“, unha iniciativa que nace no 1992 e pola que diversas organizacións de todo o mundo pretenden facer un chamamento simbólico, unha especie de boicot, de folga xeral do consumo, durante todo un día, non só contra unha multinacional ou produto concreto, se non contra todo o modelo de sociedade de consumo.
A proposta consiste en tentar fuxir do consumismo, especialmente nestas datas próximas ao Nadal, e dende PANXEA queremos invitarvos ese día a ser especialmente críticos co modelo de consumo que supoñen as grandes superficies e centros comerciais, aproveitando o día para repensar tamén sobre cómo e o noso consumo durante os restantes 364 días do ano.
Nesta “web” tedes varios materiais que podedes aproveitar para a reflexión e o debate, tanto na sección de Enlaces sobre consumo responsable ou da campaña “Supermercados no gracias“, como os vídeos sobre consumo ou grandes superficies de “Panxea TV” (especialmente o documental “Gran superficie”), ou nos materiais sobre consumo responsable dos materiais didácticos “en liña”.
Feliz día sen compras!!!
Tags: Consumo responsable, día sen compras



Entradas (RSS)