Posts Tagged “Consumo responsable”

O vindeiro venres día 25, ás 19:30 horas, a Asociación de usuarios de bancos, caixas de aforros e seguros, ADICAE-Galicia organiza xunto con PANXEA unha charla sobre Consumo Responsable destinada a todas aquelas persoas que queiran xuntarse para falar sobre o noso actual modelo e pautas de consumo e cómo podemos ir cara a un modelo de consumo máis consciente e responsable.

Será no local social de PANXEA, e estades todos e todas invitados.

Tags: ,

Comments No Hay Comentarios »

Despois de moitos traballos queremos comunicarvos que o vindeiro venres 23 de abril abriremos (en fase de probas) a nova tenda de Panxea ao público. Un paso importante nos case 15 anos que Panxea leva traballando no Comercio Xusto e o Consumo Responsable en Santiago de Compostela.

O venres 30 ás 20:00 terá lugar a festa de inauguración á que están invitados todos os socios e amigos de Panxea.

Localizacion de Panxea

Localizacion de Panxea

View Panxea in a larger map

Tags: , ,

Comments 1 Comentario »

Interesante reportaxe de “Comando actualidad” na Primeira: “Aquí hay  tomate, directo al consumidor”

Tags: ,

Comments No Hay Comentarios »

O vindeiro día 27 de novembro celébrase o “Día sen compras“, unha iniciativa que nace no 1992 e pola que diversas organizacións de todo o mundo pretenden facer un chamamento simbólico, unha especie de boicot, de folga xeral do consumo, durante todo un día, non só contra unha multinacional ou produto concreto, se non contra todo o modelo de sociedade de consumo. 

A proposta consiste en tentar fuxir do consumismo, especialmente nestas datas próximas ao Nadal, e dende PANXEA queremos invitarvos ese día a ser especialmente críticos co modelo de consumo que supoñen as grandes superficies e centros comerciais, aproveitando o día para repensar tamén sobre cómo e o noso consumo durante os restantes 364 días do ano. 

Nesta “web” tedes varios materiais que podedes aproveitar para a reflexión e o debate, tanto na sección de Enlaces sobre consumo responsable ou da campaña “Supermercados no gracias“, como os vídeos sobre consumo ou grandes superficies de “Panxea TV” (especialmente o documental “Gran superficie”), ou nos materiais sobre consumo responsable dos materiais didácticos “en liña”.

Feliz día sen compras!!!

Tags: ,

Comments No Hay Comentarios »

Dentro da nova etapa que queremos abrir en PANXEA e sempre dacordo coa liña de apoiar iniciativas de soberanía alimentar que poñan en relación a pequenos produtores/as e a consumidores/as, presentámosvos hoxe unha iniciativa que parte do Sindicato Labrego Galego e que consiste nunhas Xornadas de Debate que baixo o título “ConSUMA Responsabilidade” pretenden comezar a falar sobre consumo responsable e circuitos alternativos de comercialización e de buscar novas vías de achegamento produtores/as-consumidores/as da contorna de Compostela.

A xornada celebrarase no Centro Sociocultural do Ensanche (Rúa Frei Rosendo Salvado, nº 14-16, baixo), o vindeiro venres 16 de outubro entre as 19:00 e as 21:30 horas, e dado que o aforo é limitado (30 persoas) pedímosvos que vos anotedes previamente contactando co SLG (981588532) ou en PANXEA.

Tags: , , ,

Comments No Hay Comentarios »

 

Na Parroquia de Lago,  Concello de Valdoviño atopanse facendo actividades de verán 80 nenos/as das cáritas parroquiais de Ames e Teo. Entre as actividades destacan as feitas por Panxea en torno o Comercio Xusto e Consumo Solidario. As datas van do 6 o 9 de xullo e as edades de 8 a 14 anos.

Tags: , , ,

Comments No Hay Comentarios »

 Presentámosvos hoxe o documental “De la mata a la olla“, que cun ar positivo e lúdico amosa as nefastas consecuencias que a extensión dos supermercados ten sobre a nosa alimentación, os labregos e labregas do sur e do norte, o comercio local, a precarización do emprego, …

e tamén como en moitos lugares (Ecuador, México, Cataluña, …) a xente comeza a organizarse para propor novas e mellores alternativas baseadas na soberanía alimentar para acceder á compra diaria.

Que o disfrutedes !!!

Tags: , , ,

Comments No Hay Comentarios »

Xa podedes ver as conferencias dos diversos poñentes que participaron nas “VII Jornadas de Comercio Justo y Consumo Responsable” que, co título ‘Consumir más, ¿parte de la solución o parte del problema?‘ celebramos os días 6 e 7 de marzo en Barcelona organizadas pola Xarxa de Consum Solidari e o “Espacio por un Comercio Justo”, do que PANXEA forma parte.

Están ao voso dispor as ponencias de Albert Recio sobre o papel do consumo na economía crítica, Joaquim Sempere sobre “Mellor con menos. Explosión consumista e crise ecolóxica”, Xavier Montagut, que falou de “Alternativas dende a agricultura e a alimentación”, Alberto Montero, sobre “Tratados comerciais e bancos rexionais ao servizo dos pobos”, Juan Pablo Muñoz, que falou da ”Soberanía alimentar na nova constitución ecuatoriana”, Mireya Sanz sobre “Agroecoloxía e soberanía alimentar en Cuba”, e Manuel López, que falou sobre “Experiencias de soberanía alimentar en Venezuela”.

Para velas, entrade neste enlace.

Tags: , , , ,

Comments No Hay Comentarios »

O Tribunal Vasco da Competencia (TVDC) considera que o liderado nacional de Mercadona, Carrefour e Eroski “desemboca en conductas paralelas que restrinxen a competencia no mercado de aprovisionamento e distribución minorista”.

O documento critica as “conductas colusivas tácitas” das tres cadeas porque “restrinxen a competencia” e “perxudican o benestar dos consumidores”. As prácticas denunciadas son o paralelismo de prezos na distribución minorista que restrinxe a competencia e xenera “unha tendencia inflacionista dos bens de consumo diario”; o paralelismo nas negociacións con proveedores, acción que eleva indirectamente os prezos mínimos de venta e restrinxe a aposta pola innovación entre os fabricantes; e un paralelismo na subcontratación de produtos para a súa revenda como marca propia (marca blanca).

Todo isto provoca un efecto ‘bola de neve’ nos mercados do aprovisionamento e distribución de bens de consumo diario, retroalimentados por unha “dinámica anticompetitiva” que aumenta as barreiras de entrada a outras compañías e provoca “condicións comerciais abusivas”.

O Tribunal pide suprimir os pagos e condicións comerciais abusivos impostos a fabricantes e produtores, e garantir a igualdade de oportunidades entre marcas blancas e marcas de fabricantes.

Fonte: Diario “El Mundo” (21/04/09)

Tags: , ,

Comments No Hay Comentarios »