Posts Tagged “Comercio Xusto”
Dentro das Xornadas de verán da USC, a delegación de Mans Unidas coorganiza coa Universidade de Santiago as xornadas que levan por título: “Contra a fame, defende a Terra”, que se celebrarán os vindeiros días 8, 9 e 10 de setembro na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais en Compostela.
PANXEA participa nunha das comunicacións da tarde do día 9 falando sobre “O Comercio Xusto ante os retos da soberanía alimentaria e a sustentabilidade”.
Se estás interesado ou interesada, podes ver aquí o programa completo.
Tags: Comercio Xusto, formación, USC, xornadas
No Hay Comentarios »
“Na cooperativa La Reforma preparamos o mellor café do mundo para vostedes. Traballamos duro todo o ano, especialmente os dous meses da recolección”
 Guadalupe en Panxea co café de Espanica que elas producen
Cando mercamos café de Nicaragua de Espanica estamos recibindo, entre outros, os esforzos das 50 familias da cooperativa La Reforma. Grazas a Gira por el Desarrollo tivemos a sorte de que Guadalupe del Carmen, que é a presidenta de La Reforma, nos contase en primeira persoa o traballo que hai detrás dunha taza de café. Moito. Moistisimo.
La Reforma vende o 60% da súa produción como comercio xusto a Espanica, aínda que lles gustaría que fose o 100% . Guadalupe explicounos como o pago digno polo seu traballo está a incidir na mellora real das condicións de vida da súa comunidade.
Eles pola súa parte fan unha aposta pola produción ecolóxica, aínda que lles supón unha baixada de productividade que compensan coa calidade do producto. Un café de altura, cultivado en sombra e totalmente ecolóxico. E como di Guadalupe cultivado con cariño por toda a comunidade. O mellor café do mundo.
Tags: Café, Comercio Xusto, produtores
No Hay Comentarios »
O vindeiro xoves día 17 de xuño ás 20:00 horas, no local social de PANXEA (Rúa A Rosa, nº 36 baixo, Compostela) teremos unha charla coloquio con Carlos Osejo e Guadalupe del Carmen, membros de organizacións de produtores e comercializadores de café en Nicaragua que colaboran con Espanica, organización de comercio xusto coa que PANXEA colabora dende hai anos.
Será unha boa oportunidade de coñecer de primeira man tanto a realidade nicaragüense coma a experiencia de grupos de produtores e produtoras que traballan dende unha perspectiva de comercio xusto que engloba tanto a produción e comerclización do seu café como na loita por unha transformación social na súa realidade.
Estades todos e todas convidados (e haberá café, de Espanica, por suposto).
Tags: Comercio Xusto, Espacio por un Comercio Justo
1 Comentario »
Os vindeiros días 18 e 19 de xuño celebrarase en Lugo o curso “A práctica do Comercio Xusto dende a perspectiva da Soberanía Alimentar” organizado por A Cova da Terra, Xarxa de Consum Solidari, PANXEA, e o Espacio por un Comercio Justo.
O curso xira arredor de tres obradoiros impartidos por especialistas nas materias: “Modelos de produción alimentar” (Fernando Fernández), “Cooperación internacional no Comercio Xusto dende a perspectiva da Soberanía Alimentar” (Jordi Gascón), e “Soberanía Alimentar e Comercio Xusto como instrumentos políticos” (Xabier Montagut).
As prazas son limitadas, e a data límite de inscrición é o día 14 de xuño
Se queres mais información preme aquí
Tags: Comercio Xusto, Espacio por un Comercio Justo, soberanía alimentar
No Hay Comentarios »
Despois de moitos traballos queremos comunicarvos que o vindeiro venres 23 de abril abriremos (en fase de probas) a nova tenda de Panxea ao público. Un paso importante nos case 15 anos que Panxea leva traballando no Comercio Xusto e o Consumo Responsable en Santiago de Compostela.
O venres 30 ás 20:00 terá lugar a festa de inauguración á que están invitados todos os socios e amigos de Panxea.
 Localizacion de Panxea
View Panxea in a larger map
Tags: Comercio Xusto, Consumo responsable, Inauguración
1 Comentario »
A multinacional Starbukcs está a facer unha campaña publicitando que o 100% do seu café expresso é de comercio xusto porque está certificado polo selo FLO. Como ben sabedes, PANXEA entende que a cualificación dun produto como de comercio xusto non se pode facer depender dun selo que só controla o produto concreto e non valora toda a cadea (produción, transporte, comercialización, …) e a traxectoria da empresa que pretende a certificación.
Atendendo ao historial desta multinacional estadounidense a xustiza social, comercial, ecolóxica e económica non parecen o seu forte. En 2006, Starbukcs tentou patentar unha das mellores variedades de café etíope, Sidamo. A mobilización social internacional parou a iniciativa. En Iraq, Afganistán e Kuwait, Starbukcs é a marca que anima ás tropas estadounidenses e segundo a súa web: “proporciona café para aliviar os esforzos (dos soldados) en tempos de conflito”. No seu país de orixe, Starbukcs permite a entrada de clientes armados nas súas cafetarías.
¿Podemos logo falar de comercio xusto en Starbukcs? Nós e moitas outras organizacións que somos parte do “Espacio por un Comercio Justo “cremos que non. Para algunhas organizacións ou certificadoras este é un xeito de chegar a máis consumidores, pero ¿paga a pena facelo a custa de ligar o concepto de comercio xusto a multinacionais coma esta?
Tags: Comercio Xusto, transnacionais
No Hay Comentarios »
Dentro da nova etapa que queremos abrir en PANXEA e sempre dacordo coa liña de apoiar iniciativas de soberanía alimentar que poñan en relación a pequenos produtores/as e a consumidores/as, presentámosvos hoxe unha iniciativa que parte do Sindicato Labrego Galego e que consiste nunhas Xornadas de Debate que baixo o título “ConSUMA Responsabilidade” pretenden comezar a falar sobre consumo responsable e circuitos alternativos de comercialización e de buscar novas vías de achegamento produtores/as-consumidores/as da contorna de Compostela.
A xornada celebrarase no Centro Sociocultural do Ensanche (Rúa Frei Rosendo Salvado, nº 14-16, baixo), o vindeiro venres 16 de outubro entre as 19:00 e as 21:30 horas, e dado que o aforo é limitado (30 persoas) pedímosvos que vos anotedes previamente contactando co SLG (981588532) ou en PANXEA.
Tags: Comercio Xusto, Consumo responsable, nova etapa, soberanía alimentar
No Hay Comentarios »
 
Na Parroquia de Lago, Concello de Valdoviño atopanse facendo actividades de verán 80 nenos/as das cáritas parroquiais de Ames e Teo. Entre as actividades destacan as feitas por Panxea en torno o Comercio Xusto e Consumo Solidario. As datas van do 6 o 9 de xullo e as edades de 8 a 14 anos.
Tags: cáritas, Comercio Xusto, Consumo responsable, nen@s
No Hay Comentarios »

Presentámosvos hoxe o documental “De la mata a la olla“, que cun ar positivo e lúdico amosa as nefastas consecuencias que a extensión dos supermercados ten sobre a nosa alimentación, os labregos e labregas do sur e do norte, o comercio local, a precarización do emprego, …
e tamén como en moitos lugares (Ecuador, México, Cataluña, …) a xente comeza a organizarse para propor novas e mellores alternativas baseadas na soberanía alimentar para acceder á compra diaria.
Que o disfrutedes !!!
Tags: Comercio Xusto, Consumo responsable, espacio comercio justo, soberanía alimentar
No Hay Comentarios »
|