Preparamos para vostedes o mellor café de mundo!!
Escrito por admin en Actividades de Panxea, Productores“Na cooperativa La Reforma preparamos o mellor café do mundo para vostedes. Traballamos duro todo o ano, especialmente os dous meses da recolección”
Cando mercamos café de Nicaragua de Espanica estamos recibindo, entre outros, os esforzos das 50 familias da cooperativa La Reforma. Grazas a Gira por el Desarrollo tivemos a sorte de que Guadalupe del Carmen, que é a presidenta de La Reforma, nos contase en primeira persoa o traballo que hai detrás dunha taza de café. Moito. Moistisimo.
La Reforma vende o 60% da súa produción como comercio xusto a Espanica, aínda que lles gustaría que fose o 100% . Guadalupe explicounos como o pago digno polo seu traballo está a incidir na mellora real das condicións de vida da súa comunidade.
Eles pola súa parte fan unha aposta pola produción ecolóxica, aínda que lles supón unha baixada de productividade que compensan coa calidade do producto. Un café de altura, cultivado en sombra e totalmente ecolóxico. E como di Guadalupe cultivado con cariño por toda a comunidade. O mellor café do mundo.
Tags: Café, Comercio Xusto, produtores



Entradas (RSS)