Posts Tagged “Banca ética”

 A organización amiga, AIS “O Peto” organiza a V Xornada de Formación  tanto para as súas socias e socios, como para a cidadanía en xeral.

Será o 13 de marzo, no horario de 10:30 a 13:30 horas e de 16:30 – 19:30 horas, na Galería Sargadelos de Santiago de Compostela (Rúa Nova 16) e versará sobre “Consecuencias do capitalismo: crisis global e alternativas”, impartida por Luis González Reyes, coordinador de “Ecologistas en Acción-Madrid” 

 Pola maña reflexionarase sobre aspectos como: ¿como funciona o capitalismo?, causas da crise (reais, creadas…), e consecuencias do capitalismo: a crise global. Pola tarde falarase de alternativas, realidades que se coñecen que están a cambiar as cousas, …

 Se queres saber máis

 

Tags: , ,

Comments No Hay Comentarios »

O vindeiro sábado 16 de xaneiro celebrarase a Constitución da Sección Territorial Galega de Fiare. Entre os membros fundadores de Fiare Galiza atópanse oraganizacións como: AIS O Peto, Arela, Verdegaia, Adega, Altermundo, SLG, colexio La Salle, Amarante, Taller de Solidariedade, Solidariedade Internacional, a parroquia do Cristo da Victoria en Vigo, Proclade, CONGD´s…., e como, non, PANXEA.

O proxecto Fiare parte dun diagnóstico concreto: as nosas sociedades son inxustas. É desde a indignación que produce esa inxustiza desde a que xorden os dinamismos para desenvolvelo. Dentro das múltiples e complexas  facetas que debullan esta estrutura de desigualdade e exclusión, o sistema bancario é o piar sobre o que Fiare se propón actuar, construindo unha realidade alternativa. Fiare nace, xa que logo, como un proxecto de sistema de banca ética que se constitúa en alternativa elixíbel pola cidadanía e que actúe significativamente pola transformación do sistema financieiro e cunha característica fundamental (entre outras): o seu funcionamento está en mans dos movementos sociais.

Podedes atopar mais información en: http://www.fiare.org/ ou en http://opeto.org/paxina/proxecto-fiare-gz.

 

Tags: ,

Comments No Hay Comentarios »

Xa tedes na sección Enlaces da “nosa-vosa” páxina novas webs e blogs de grande interese.

Recomendamos especialmente que visitedes o novo blog da Asociación de Interese Solidario O Peto, que recolle información non só da asociación e a súa actividade, senón tamén de múltiples temas relacionados coas finanzas éticas.

Recomendamos tamén que visitedes Telodoy, a páxina onde podes dar, regalar ou solicitar todo o que estimes pertinente, un bo xeito de pasar a unha economía de dar e compartir, en vez de apropiarnos continuamente de cousas.

As dúas van no camiño de novas formas de economía solidaria no que PANXEA tamén quere ser parte. Agardamos que vos gusten e sexan de utilidade.

Tags: , ,

Comments No Hay Comentarios »

O vindeiro sábado día 28 de marzo a Asociación O PETO organiza a xornada de FIARE GZ que terá lugar no colexio La Salle (r/San Roque 6) de Santiago de Compostela co seguinte horario:

10:30 Presentación e agradecementos
11:00 Presentación FIARE: orixes e ideario
12:00 Descanso
12:30 Presentación FIARE: presente e futuro, crecemento territorial
14:00 XANTAR
17:00 “Asociación Proxecto Fiare Galiza”: implicacions, etc…
20:00 Feche: Fixar reunión para que se traslade o traballado aos colectivos e tomar a decisión de constituir conxuntamente a asociación territorial en Gz.

A asociación AIS “O Peto” ten concedido un préstamo a un local de comidas para levar, a nosa idea sería encargar alí a comida e comer todas/os xuntas/os.

(Para máis información e anotarse á xornada www.opeto.org)

O obxectivo de FIARE é ofrecer ás entidades e á cidadanía unha fórmula de aforro sobre a base de valores éticos e que permita apoiar a través de préstamos actividades económicas cun impacto social positivo. Así trátase dunha iniciativa impulsada por organizacións sociais galegas coa idea de crear unha banca ética. (Máis información en  www.fiare.org)

O proxecto comezou a xestarse fai tres años coa creación de Fiare por parte de 52 organizacións sociais e co apoio da Banca Popolare Etica d’Italia, ata que en outubro de 2005 se puxo en marcha en Bilbao unha banca ética que promove depósitos e préstamos con valores de responsabilidade social. (Para máis información www.proyectofiare.org)

Fiare

 

Tags: , , , ,

Comments No Hay Comentarios »