Xa tedes na nosa sección de “Materiais en liña” do “Centro de Recursos” o vídeo O mundo segundo Monsanto, versión subtitulada en castelán do documental de Maria-Monique Robin para o canal franco-alemán “Arte” sobre as malas artes da multinacional “Monsanto” e as súas influenzas no presente e futuro da agricultura, en especial no control de sementes, uso de pesticidas, transxénicos, …
Tags: Agroecoloxía e Soberanía Alimentar, antitransxenicos, soberanía alimentar, transnacionais
Posts Tagged “antitransxenicos”
21
04
2009
Vídeo das accións do Día Internacional da Loita LabregaEscrito por admin en Actividades de PanxeaAquí tedes o vídeo da acción do día da Loita Labrega que a Plataforma Galega Antitransxénicos e mais a Rede Anticapitalista, da que PANXEA forma parte, organizaron o pasado día 17 en Compostela, no marco do Día Internacional da Loita Labrega.
O vídeo recolle a escenificación do enterro da agricultura e unha acción-denúncia nunha área comercial, e inclúe tamén imaxes da comitiva galega da manifestación estatal contra os transxénicos do día 18 en Zaragoza, á cal se sumou o Sindicato Labrego Galego. Mais info no web da RA.
Podes ver o vídeo completo clicando na imaxe ou na sección de “materiais en liña” do noso centro de recursos.
Tags: antitransxenicos, ra, vídeo |





Entradas (RSS)