Posts Tagged “Agroecoloxía e Soberanía Alimentar”

A partires desta semana, os socios e socias da cooperativa xa podedes mercar a través de PANXEA, ademais de toda a variedade de produtos da tenda, produtos de agricultores locais asociados no que antes era o Proxecto Amorodo, hoxe asociación Lentura.

Se queres coñecelos algo mais, aquí tedes o vídeo que fixo o programa Labranza, da Televisión de Galicia sobre a súa experiencia.

Proxecto Amorodo from zcminhoca on Vimeo.

Tags: , ,

Comments No Hay Comentarios »

Hoxe ás 20:00 horas na Casa da Cultura de Bertamináns o Concello de Ames organiza unha xornada-debate sobre “Os transxénicos: a súa afección no medio e na alimentación”.

Estades todos invitados a acudir para ter mais información sobre o tema dende distintos puntos de vista.

Tags: ,

Comments No Hay Comentarios »

A ISAP (Iniciativa pola Soberanía Alimentar dos Pobos), da que PANXEA forma parte, organiza para Sábado 10 de Abril en Santiago de Compostela unha feira e un xantar agroecolóxico pola soberanía alimentar e contra os transxénicos. Estes actos enmárcanse na Semana Estatal de Luita Contra os Transxénicos convocada por Plataforma Rural e Greenpeace, que concluirá 17 de Abril cunha manifestación estatal antitransxénicos en Madrid.

A Feira será de 10:00 a 14:00 horas na Praza do Toral. Nela haberá postos de produtos agroecolóxicos locais e de asociacións que traballan pola soberanía alimentar dos pobos.

O Xantar será oferecido ás 14:30 pola asociación de labreg@s Lentura no local da Troita Armada (Rúa do Pombal 18) cun prezo aproximado por persoa de 12 €. Para o xantar cumpre apontarse no enderezo-e info(a)soberaniaalimentar.info até 6 de Abril indicando se se prefer menu vexetariano ou se se padece algunha intolerancia alimentar.

Tags:

Comments No Hay Comentarios »

Os días 27 e 28 de Febreiro celebraranse en Santiago de Compostela as Xornadas Galegas de Soberanía Alimentar, organizadas pola ISAP (Iniciativa pola Soberanía Alimentar dos Pobos), da que PANXEA forma parte. Será no Salón de Actos da Faculdade de Filosofía da USC, situada na Praza de Mazarelos. Nesta Praza, ademais, haberá unha Feira pola Soberanía Alimentar o domingo 28, de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas. O programa completo das xornadas é o seguinte:

Sábado 27 de Febreiro de 2010

10:00 h. Apresentación das Xornadas e da ISAP
10:30 h. Palestra: Soberanía Alimentar: Democratizando a Alimentación
Carme Freire (SLG), Paul Nicholson (EHNE)
12:00 h. Mesa Redonda: Vivir da Terra
Charo Sánchez (O Grelo Verde), Fuco Barreiro (Monte Cabalar), Antonio Carral (O Alle)
14:00 h. Pausa para xantar
16:30 h. Palestra: Interferencias Globais Norte-Sul e Soberanía Alimentar
Mónica Vargas (ODG – Observatorio de la Deuda en la Globalización)
18:00 h. Palestra: Construíndo Soberanía Alimentar en América Latina: A experiencia de Chile
Florencia Aróstica (ANAMURI – Asociación Nacional de Mujeres Rurales e Indígenas)
 
Domingo 28 de Febreiro de 2010
10:30 h. Palestra: Enfriando o Planeta: Soberanía Alimentar e Mudanza Climática
Ferrán Garcia (VSF/No Te Comas el Mundo)
12:00 h. Mesa Redonda: Vivir do Mar
Emilio Louro (Mar de Lira), Representante da Confraría de Cangas, Fermín Fernández (Algamar)
14:00 h. Pausa para xantar

16:30 h. Palestra: Construíndo Soberanía Alimentar en África: A experiencia de Mozambique
Luís Mário Muchanga (UNAC – União Nacional Camponesa)
18:00 h. Mesa Redonda: Vivir sen Devorar: Situación e Retos do Consumo Responsábel en Galiza
Proxecto Amorodo/Lentura, Rede Galega de Consumo Consciente e Responsábel

Tags:

Comments No Hay Comentarios »

Un ano mais, PANXEA participou activamente co seu “stand” na celebración da 6ª edición da Feira Ecolóxica de Arzúa, Terr@ctiva, os días 17 e 18 de outubro xestionada pola cooperativa de xestión e promoción cultural Coper@ctiva.

Terractiva, Festival de alternativas, calidade de vida, expresión artística e cultural, defensa da diversidade, sitúase como unha experiencia pioneira destas características no Estado, orientada a dar cobertura á demanda existente e á escasa oferta de eventos culturais desta índole no noso país, e trata de buscar novas solucións para os baleiros culturais, e á vez fomentar a conservación do equilibrio ecolóxico do noso planeta.

Se queredes mais información sobre como foron as xornadas premede aquí: “Terractiva

Tags: , , ,

Comments No Hay Comentarios »

Xa tedes na nosa sección de “Materiais en liña” do “Centro de Recursos” o vídeo O mundo segundo Monsanto, versión subtitulada en castelán do documental de Maria-Monique Robin para o canal franco-alemán “Arte” sobre as malas artes da multinacional “Monsanto” e as súas influenzas no presente e futuro da agricultura, en especial no control de sementes, uso de pesticidas, transxénicos, …

Tags: , , ,

Comments No Hay Comentarios »