Soci@s
¿QUERES FORMAR PARTE DE PANXEA OU COLABORAR CONNOSCO?
“Panxea” leva dende o ano 1996 traballando polo comercio xusto e o consumo responsable en Galicia, e nese tempo moitas persoas teñen colaborado neste traballo de difusión, sensibilización e cooperación. Ti tamén podes ser parte de Panxea
-
Difundindo os principios do Comercio Xusto e o Consumo Responsable no teu ámbito de traballo, familia, amistades, …
-
Colaborando como voluntario/a da Asociación en charlas ou conferencias, nas saídas a exposicións, feiras, etcétera; axudando en momentos puntuais no local-tenda da asociación; traendo ou compartindo información sobre comercio xusto, consumo responsable, economía alternativa, cooperación ao desenvolvemento, …; ou con todo aquilo que se che ocurra.
-
Facéndote socio/a de Panxea
¿QUÉ IMPLICA SER SOCIO/A DE PANXEA?
-
Terás dereito a participar nas reunións semanais da Asociación (que son abertas), e recibirás, se así o desexas, a Acta das reunións semanais e das asambleas anuais da Asociación.
-
Se o desexas, tamén recibirás un boletín electrónico mensual con información sobre as actividades nas que participe, organice ou colabore Panxea, así como da evolución trimestral da situación económica da asociación.
-
Tamén poderás serás informado/a e poderás participar en tódalas actividades de formación e sensibilización nas que Panxea participe ou organice.
-
Poderás utilizar tódolos materiais de formación e sensibilización dos que dispón Panxea (libros, vídeos, exposicións, …).
-
Colaborar coa cota anual de 30 euros de apoio á Asociación.
· Ir a FAITE SOCI@
· Ir a ÁREA INTERNA
.
Entradas (RSS)