Comercialización

Para a promoción do Comercio Xusto, Panxea tamén traballa na potenciación da tenda de Comercio Xusto con productos locais, ecolóxicos e do sur, cando menos como testemuño de que é posible comerciar no Sur e tamén no Norte mantendo criterios de xustiza e equidade, respectando os principios do comercio xusto dende o enfoque da Soberanía Alimentar.

Na tenda situada en Santiago de Compostela, na Rúa Rosa 36-baixo, atoparás información de múltiples actividades relacionadas co Comercio Xusto, o Consumo Responsable, e a Economía Solidaria, materiais de sensibilización, e produtos de tódolos continentes: dende café de Nicaragua ata chocolate de Ghana, pasando polo mel galego, e unha ampla variedade de artigos de papelería, artesanía e agricultura ecolóxica, todos eles producidos baixo os principios do Comercio Xusto.

Tamén podes poñerte en contacto connosco se estás pensando nun agasallo para algunha celebración, se queres facer un agasallo de empresa, ou un catering.

O horario da tenda é de luns ( só polas tardes) martes a venres de 10:30 a 14:00 e de 17:00 a 20:30; e os sábados de 11:00 a 14:00 horas. E o teléfono de contacto é o 981937 238

Queremos ser a tenda dos teus sonos.

Audio clip: Adobe Flash Player (version 9 or above) is required to play this audio clip. Download the latest version here. You also need to have JavaScript enabled in your browser.

Los comentarios no están permitidos.