Que facemos?
Queremos construír un mundo máis xusto, pretendemos unhas relacións comerciais Norte-Sur, pero tamén Norte-Norte e Sur-Sur, que respecten e promovan a relación cada vez máis directa entre produtores e consumidores.
Arelamos un cambio de actitude social que pase do consumismo incontrolado ao consumo responsable.
Para isto desenvolvemos tres liñas de traballo:
A potenciación da tenda de Comercio Xusto, cando menos como testemuño de que é posible comerciar no Sur e no norte mantendo criterios de xustiza e equidade.
A difusión do comercio xusto, e da responsabilidade no consumo como elementos de transformación social e de denuncia de situacións de explotación.
A colaboración con outras organizacións de comercio xusto, consumo responsable, e economía alternativa e solidaria para potenciar a construción dunha sociedade baseada no respecto.
Entradas (RSS)