Sensibilización

 

A nosa tarefa fundamental céntrase no traballo de difusión e sensibilización, especialmente sobre comercio xusto.e consumo responsábel. Por iso ofertamos diversas actividades, neste ano, especialmente:

 

Charlas-obradoiros sobre Comercio xusto, Consumo responsabel e Banca ética:

Descrición da actividade: As dúas primeiras, son charlas ou obradoiros introdutorios que explican de xeito didáctico que é o comercio xusto e que é o consumo responsabel.

Destinatarios: adaptados ás idades (infantil, primaria, 1º e 2º ciclo de secundaria e bacherelato). As de banca ética, están orientadas só a bacherelato.

Duración: 50 min. (unha sesión)

Orzamento: 20 euros.

 

Obradoiro para profesorado e/ou pais/nais sobre consumo consciente e responsable.

Descrición da actividade: obradoiro sobre consumo consciente e responsabel

Destinatarios: profesorado en xeral (Educación Infantil, Primaria, Secundaria e Bacherelato ou F.P.) e grupos ou asociacións de pais-nais.

Duración: tres sesións de unha hora cada unha (pódese pedir unha soa, dúas ou as tres)

Orzamento: 20 euros por hora

 

Exposicións para préstamo

- “MUNDO SOLIDARIO”: 12 paneis en cartón pluma, que analizan os desequilibrios económicos Norte-Sur, a situación da muller e a infancia, o funcionamento da economía e as súas consecuencias, a débeda externa, as multinacionais, e as alternativas: o poder do consumidor/a, o consumo responsable e o comercio xusto

- “O COMERCIO XUSTO É…”: 8 paneis de cartón pluma que explican que é e como funciona o comercio xusto. Dirixido a rapaces/as de educación secundaria e bacherelato.

- “O TEU CAFÉ, BO PARA TODO O MUNDO”: 10 lonas que explican a importancia do comercio do café no mundo e as consecuencias no norte e no sur e a alternativa do comercio xusto.

Cada exposición préstase cun custo de 25 euros.

 

 

 

Todas estas actividades, así como o préstamo das exposicións, ou dos materiais da cousateca (vídeos, libros, …), son gratuitas para as entidades que sexan socias de Panxea

 

Los comentarios no están permitidos.