Materiais didácticos “en liña”

  Xogos

  • En la piel de un productor de café: Xogo interactivo no que podes poñerte na pel dun pequeno produtor de café e ver como é a vida que xira ao seu redor. 
  • Honoloko: Divertido xogo interactivo no que vives nunha illa e debes ir tomando decisións que teñen diversas consecuencias no medio ambiente e na túa saúde.
  • O oso Robin e o desafío do reciclaxe: Axuda ao oso Robin a separar residuos para reciclar.
  • Y comieron felices: xogo interactivo da ONGD “Médicos sin fronteras” sobre a desnutrición infantil. Para nenos de 6 anos en adiante.
  • Coffee calculator: xogo interactivo en inglés para adultos no que podes calcular o teu gasto en café e descubrir de forma moi visual como se divide a porcentaxe do seu prezo entre os seus beneficiarios
  • O Mundo de Milu: Entrando nesta páxina poderás investigar no fabuloso mundo de Milu e participar nun montón de xogos a cerca dos dereitos dos nenos

 

Contos

 

  • Web de Contos Solidarios: web onde se atopa un sin fin de contos educativos con bonitas ilustracións para os máis pequenos.

Exposicións

  • “Mundo Solidario”: 12 diapositivas, que analizan os desequilibrios económicos Norte-Sur, a situación da muller e a infancia, o funcionamento da economía e as súas consecuencias, a débeda externa, as multinacionais, e as alternativas: o poder do consumidor/a, o consumo responsable e o comercio xusto
  • “O Comercio Xusto é …”: 8 diapositivas que explican que é e como funciona o comercio xusto. Dirixido a rapaces/as de educación secundaria e bacherelato.
  • O teu café, bo para todo o mundo“: 10 diapositivas que explican a importancia do comercio do café no mundo e as consecuencias no norte e no sur e a alternativa do comercio xusto. 

Presentacións

 

Banca ética:

·     Fiare: presentación do proxecto de banca ética “Fiare”

·     O Peto: presentación da asociación AIS O´Peto

·     Coop´57: presentación da cooperativa de servizos financieiros Coop´57   

 

Libros e outros Documentos en PDF

 

Centro de Recursos

 

Panxea, ademais, pon á vosa disposición o seu Centro de recursos (folletos, libros, vídeos, DVD, etc.) onde atopar información e formación sobre temas como o comercio xusto, o consumo responsabel, a banca ética, a economía solidaria, etcétera. O seu uso é de balde para os socios e socias de Panxea

Los comentarios no están permitidos.