Panxea TV
Videos e curtas documentais:
- A historia das cousas: vídeo de 20 min., que explica de xeito ameno e didáctico cales son as orixes e as consecuencias do noso modelo de consumo.
- A Illa das flores: vídeo de 12 min. sobre a dignidade do ser humano na actual sociedade de consumo
- Visita guiada a un supermercado: visita “turística” a un centro comercial dentro da presentación en Asturias da campaña “Supermercados no gracias”.
- Vídeo da acción realizada en Compostela no Día Internacional da Loita Labrega´09: acción protesta que escenifica o enterro da agricultura e unha acción-denuncia nun supermercado de Compostela. Tamén inclúe a manifestación antitransxénicos do 18 de abril en Zaragoza.
- The Meatrix; The Meatrix II; The Meatrix II e 1/2: animacións curtas (3-4 minutos) sobre a cría intensiva de animais en cautividade, o proceso industrial do leite, e as súas consecuencias para a saúde de animais e persoas parodiando a película “The Matrix”.
- A paella globalizada: vídeo de 3 min. de “veterinarios sen fronteiras” cos humoristas do grupo catalán “Polonia” que fala sobre soberanía alimentaria plantexando qué hai detrás dunha paella “globalizada”.
- Gran superficie: Documental de apenas 60 minutos realizado no ano 2005 polo colectivo “Consume Hasta Morir” (Ecologistas en Acción) sobre o papel da publicidade no actual sistema de sobreprodución e sobreconsumo. Analizan temáticas como a alimentación, os medios de comunicación, o consumo, as grandes superficies, a sustentabilidade ou a educación.
- A publicidade ao descuberto: vídeo de 20 min. da “Red de educación del consumidor” para coñecer de xeito crítico que é a publicidade, cómo funciona, e os mecanismos sobre as persoas que utiliza.
- O diñeiro é debeda: vídeo de animación de Paul Grignon sobre o mecanismo financieiro de creación de diñeiro a partires da débeda, que explica as orixes e fundamentos do sistema financiero, dende a aparición do diñeiro e a banca ata hoxe.
- Banca Ética (informativo de ATTAC): pequena presentación sobre que é a banca ética emitido no informativo da organización ATTAC.
- Premio Vagalume 2006
- “El Comercio Justo en 6 pasos“. Video realizado pola Coordinadora Estatal de Comercio Justo, no que se explica como xurde este movemento, o mesmo tempo que fai un repaso das consecuencias que conleva o comercio tradicional
- “El Proyecto Matriz 105- COMERCIO JUSTO Y SOBERANÍA ALIMENTARIA“. Video que se compon de imaxes e texto, no cal se explica a relación que existe entre Comercio Xusto e Soberanía Alimentaria
Películas documentais:
- Memoria del saqueo: película documental realizada en 2004 polo arxentino Fernando E. Pino Solanas, ue amosa o que pasou antes, durante e despois do “corralito” arxentino do 2001. Fai unha análise dos motivos polos que Arxentina se converteu nun dos máis pobres do planeta e serve de reflexión para o que pode pasar con outros estados que sigan camiños similares.
- La dignidad de los nadies: segunda parte da triloxía documental de Fernando Solanas sobre a Arxentina de finais do s. XX e principios do XXI. Recolle historias e testemuños da resistencia social de varias persoas e colectivos que artellan propostas contra a desfeita producida polas políticas neoliberais, reconstruíndo a esperanza.
- O pesadelo de Darwin: Documental do ano 2004, dirixido por Hubert Sauper sobre os efectos da pesca da perca do Nilo no lago Victoria, en Tanzania, e as consecuencias sociais e medioambientais. Dividido en dúas partes (aquí podes ver a segunda parte).
- O mundo segundo Monsanto: Versión subtitulada en castelán do documental de Maria-Monique Robin para o canal franco-alemán “arte” sobre as malas artes da multinacional “Monsanto” e as súas influenzas no presente e futuro da agricultura.
- Nós alimentamos o mundo: O cineasta austriaco Edwin Wagenhofer explora as orixes da nosa comida. A súa viaxe lévalle por Francia, España, Rumania, Suiza, Brasil e logo de volta a Austria. “Nós alimentamos ao mundo” é unha película sobre a comida e a globalización, a circulación de produtos e do diñeiro, unha película sobre a escaseza rodeada da abundancia. A película infórmanos sobre a produción da nosa comida e dinos porqué temos algo que ver co fame no mundo. Entrevistan non só a pescadores, agricultores, biólogos e a Jean Ziegler de Nacións Unidas, senón tamén ao director de produción de Pioneer, a empresa de sementes máis grande do mundo, igual que a Peter Brabeck, director xeral de Nestlé International, a empresa de “alimentación” máis grande do planeta.
- Home: Fermosísimo documental de Yann Arthus-Bertrand con espectaculares imaxes do noso fogar (home), a terra, para facernos reflexionar e pasar á acción sobre as consecuencias da nosa acción sobre o futuro do planeta e da nosa xeración e as seguintes de continuar con este modo de vida que esgota os recursos naturais, fai mudalo clima, e estraga a fermosura do mundo en que vivimos.
- De la mata a la olla: documental que amosa as nefastas consecuencias que a extensión dos supermercados ten sobre a nosa alimentación, os labregos e labregas do sur e do norte, o comercio local, a precarización do emprego, … e tamén como en moitos lugares (Ecuador, México, Cataluña, …) a xente comeza a organizarse para propor novas e mellores alternativas baseadas na soberanía alimentar para acceder á compra diaria.
Entradas (RSS)