O Tribunal Vasco da Competencia (TVDC) considera que o liderado nacional de Mercadona, Carrefour e Eroski “desemboca en conductas paralelas que restrinxen a competencia no mercado de aprovisionamento e distribución minorista”.
O documento critica as “conductas colusivas tácitas” das tres cadeas porque “restrinxen a competencia” e “perxudican o benestar dos consumidores”. As prácticas denunciadas son o paralelismo de prezos na distribución minorista que restrinxe a competencia e xenera “unha tendencia inflacionista dos bens de consumo diario”; o paralelismo nas negociacións con proveedores, acción que eleva indirectamente os prezos mínimos de venta e restrinxe a aposta pola innovación entre os fabricantes; e un paralelismo na subcontratación de produtos para a súa revenda como marca propia (marca blanca).
Todo isto provoca un efecto ‘bola de neve’ nos mercados do aprovisionamento e distribución de bens de consumo diario, retroalimentados por unha “dinámica anticompetitiva” que aumenta as barreiras de entrada a outras compañías e provoca “condicións comerciais abusivas”.
O Tribunal pide suprimir os pagos e condicións comerciais abusivos impostos a fabricantes e produtores, e garantir a igualdade de oportunidades entre marcas blancas e marcas de fabricantes.
Fonte: Diario “El Mundo” (21/04/09)
Tags: consumo consciente, Consumo responsable, supermercados
Entradas (RSS)