21
04
2009
Vídeo das accións do Día Internacional da Loita Labrega
Escrito por admin en Actividades de PanxeaAquí tedes o vídeo da acción do día da Loita Labrega que a Plataforma Galega Antitransxénicos e mais a Rede Anticapitalista, da que PANXEA forma parte, organizaron o pasado día 17 en Compostela, no marco do Día Internacional da Loita Labrega.
O vídeo recolle a escenificación do enterro da agricultura e unha acción-denúncia nunha área comercial, e inclúe tamén imaxes da comitiva galega da manifestación estatal contra os transxénicos do día 18 en Zaragoza, á cal se sumou o Sindicato Labrego Galego. Mais info no web da RA.
Podes ver o vídeo completo clicando na imaxe ou na sección de “materiais en liña” do noso centro de recursos.
Tags: antitransxenicos, ra, vídeo

Entradas (RSS)