Co lema “Todas as ferramentas contra as raíces da violencia” a Marcha Mundial das Mulleres convoca diversos actos para o mércores 25 Novembro, co gallo do Día Internacional contra a violencia de xénero. 
Con estes actos preténdese reivindicar a posta en marcha de todas as ferramentas necesarias nos ámbitos da educación, a cultura, o ensino, a sanidade, a xustiza, as institucións políticas, as relixiosas, os medios de comunicación, a sociedade, etc… así como a optimización e a utilización de todas as ferramentas xa existentes, que faciliten que toda a sociedade sexa quen de arrincar as raíces que sustentan a violencia machista e parar xa e dunha vez por todas as agresións de todo tipo que sofren as mulleres e as nenas.  
Convócase a toda a cidadanía a participar nos actos que as diferentes coordenadoras comarcais da MMM van realizar en conmemoración do Día internacional contra a Violencia de Xénero. e que en Compostela consistirán nunha concentración ese mesmo día 25 ás 20:30 horas na Praza do Toural. 
Mais información en www.feminismo.info

Tags: , ,
Deja una Respuesta