Archivo de la Categoría “Consumo responsable”


O vindeiro venres día 25, ás 19:30 horas, a Asociación de usuarios de bancos, caixas de aforros e seguros, ADICAE-Galicia organiza xunto con PANXEA unha charla sobre Consumo Responsable destinada a todas aquelas persoas que queiran xuntarse para falar sobre o noso actual modelo e pautas de consumo e cómo podemos ir cara a un modelo de consumo máis consciente e responsable.

Será no local social de PANXEA, e estades todos e todas invitados.

Tags: ,

Comments No Hay Comentarios »

A multinacional Starbukcs está a facer unha campaña publicitando que o 100% do seu café expresso é de comercio xusto porque está certificado polo selo FLO. Como ben sabedes, PANXEA entende que a cualificación dun produto como de comercio xusto non se pode facer depender dun selo que só controla o produto concreto e non valora toda a cadea (produción, transporte, comercialización, …) e a traxectoria da empresa que pretende a certificación.

Atendendo ao historial desta multinacional estadounidense a xustiza social, comercial, ecolóxica e económica non parecen o seu forte. En 2006, Starbukcs tentou patentar unha das mellores variedades de café etíope, Sidamo. A mobilización social internacional parou a iniciativa. En Iraq, Afganistán e Kuwait, Starbukcs é a marca que anima ás tropas estadounidenses e segundo a súa web: “proporciona café para aliviar os esforzos (dos soldados) en tempos de conflito”. No seu país de orixe, Starbukcs permite a entrada de clientes armados nas súas cafetarías.

¿Podemos logo falar de comercio xusto en Starbukcs? Nós e moitas outras organizacións que somos parte do “Espacio por un Comercio Justo “cremos que non. Para algunhas organizacións ou certificadoras este é un xeito de chegar a máis consumidores, pero ¿paga a pena facelo a custa de ligar o concepto de comercio xusto a multinacionais coma esta?

Tags: ,

Comments No Hay Comentarios »

Hoxe ás 20:00 horas na Casa da Cultura de Bertamináns o Concello de Ames organiza unha xornada-debate sobre “Os transxénicos: a súa afección no medio e na alimentación”.

Estades todos invitados a acudir para ter mais información sobre o tema dende distintos puntos de vista.

Tags: ,

Comments No Hay Comentarios »

Interesante reportaxe de “Comando actualidad” na Primeira: “Aquí hay  tomate, directo al consumidor”

Tags: ,

Comments No Hay Comentarios »

O vindeiro día 27 de novembro celébrase o “Día sen compras“, unha iniciativa que nace no 1992 e pola que diversas organizacións de todo o mundo pretenden facer un chamamento simbólico, unha especie de boicot, de folga xeral do consumo, durante todo un día, non só contra unha multinacional ou produto concreto, se non contra todo o modelo de sociedade de consumo. 

A proposta consiste en tentar fuxir do consumismo, especialmente nestas datas próximas ao Nadal, e dende PANXEA queremos invitarvos ese día a ser especialmente críticos co modelo de consumo que supoñen as grandes superficies e centros comerciais, aproveitando o día para repensar tamén sobre cómo e o noso consumo durante os restantes 364 días do ano. 

Nesta “web” tedes varios materiais que podedes aproveitar para a reflexión e o debate, tanto na sección de Enlaces sobre consumo responsable ou da campaña “Supermercados no gracias“, como os vídeos sobre consumo ou grandes superficies de “Panxea TV” (especialmente o documental “Gran superficie”), ou nos materiais sobre consumo responsable dos materiais didácticos “en liña”.

Feliz día sen compras!!!

Tags: ,

Comments No Hay Comentarios »

Dentro da nova etapa que queremos abrir en PANXEA e sempre dacordo coa liña de apoiar iniciativas de soberanía alimentar que poñan en relación a pequenos produtores/as e a consumidores/as, presentámosvos hoxe unha iniciativa que parte do Sindicato Labrego Galego e que consiste nunhas Xornadas de Debate que baixo o título “ConSUMA Responsabilidade” pretenden comezar a falar sobre consumo responsable e circuitos alternativos de comercialización e de buscar novas vías de achegamento produtores/as-consumidores/as da contorna de Compostela.

A xornada celebrarase no Centro Sociocultural do Ensanche (Rúa Frei Rosendo Salvado, nº 14-16, baixo), o vindeiro venres 16 de outubro entre as 19:00 e as 21:30 horas, e dado que o aforo é limitado (30 persoas) pedímosvos que vos anotedes previamente contactando co SLG (981588532) ou en PANXEA.

Tags: , , ,

Comments No Hay Comentarios »

Acabamos de colgar na sección de xogos que tedes a disposición dentro dos materiais en liña do noso centro de recursos dous novos xogos interactivos relacionados co consumo responsable, a reciclaxe, e o coidado do medio ambiente.

O primeiro chámase “Honoloko” e revisa as consecuencias das nosas decisións diarias no medio e na nosa saúde dentro dunha illa virtual na que se desenvolve o xogo. O segundo, ”O oso Robin e o desafío do reciclaxe“ trata sobre cómo separar residuos para reciclar correctamente.

Tags: , , , ,

Comments No Hay Comentarios »

 

Na Parroquia de Lago,  Concello de Valdoviño atopanse facendo actividades de verán 80 nenos/as das cáritas parroquiais de Ames e Teo. Entre as actividades destacan as feitas por Panxea en torno o Comercio Xusto e Consumo Solidario. As datas van do 6 o 9 de xullo e as edades de 8 a 14 anos.

Tags: , , ,

Comments No Hay Comentarios »

 Presentámosvos hoxe o documental “De la mata a la olla“, que cun ar positivo e lúdico amosa as nefastas consecuencias que a extensión dos supermercados ten sobre a nosa alimentación, os labregos e labregas do sur e do norte, o comercio local, a precarización do emprego, …

e tamén como en moitos lugares (Ecuador, México, Cataluña, …) a xente comeza a organizarse para propor novas e mellores alternativas baseadas na soberanía alimentar para acceder á compra diaria.

Que o disfrutedes !!!

Tags: , , ,

Comments No Hay Comentarios »

PANXEA participou o luns 20 de abril durante todo o día cun stand, degustación de productos, cine e información de Comercio Xusto na semana cultural do Centro Sociocultural do Ensanche do Concello de Santiago.

Este ano o obxectivo é o de contribuír a crear unha conciencia crítica e solidaria en torno ao consumo e ó comercio xusto facendo visble o traballo de persoas e entidades que participan na vida social do barrio. Folleto de actividades

Tags: ,

Comments No Hay Comentarios »