Archivo de la Categoría “Axenda”


Hoxe venres 30, a partir das 20:00 terá lugar a festa de inauguración da nova tenda e local social de Panxea en Compostela. Están invitados os socios, socias, e amigos de Panxea, e calquera persoa que nos queira coñecer.
Teremos unha degustación de productos de Comercio Xusto e unha fantástica actuación do Coro da Rá. Quen veña á festa ou no horario de tenda habitual poderá coñecer algúns dos productos que imos ir incorporando á nosa oferta de Comercio Xusto, producto local e ecolóxico.

O horario habitual de apertura da tenda vai ser:

Luns: De 17:00 a 20:30
De Martes a Venres: De 10:30 a 14:00 e de 17:00 a 20:30
Sábados: De 11:00 a 14:00

Agardámosvos!

Tags:

Comments No Hay Comentarios »

Despois de moitos traballos queremos comunicarvos que o vindeiro venres 23 de abril abriremos (en fase de probas) a nova tenda de Panxea ao público. Un paso importante nos case 15 anos que Panxea leva traballando no Comercio Xusto e o Consumo Responsable en Santiago de Compostela.

O venres 30 ás 20:00 terá lugar a festa de inauguración á que están invitados todos os socios e amigos de Panxea.

Localizacion de Panxea

Localizacion de Panxea

View Panxea in a larger map

Tags: , ,

Comments 1 Comentario »

Os días 27 e 28 de Febreiro celebraranse en Santiago de Compostela as Xornadas Galegas de Soberanía Alimentar, organizadas pola ISAP (Iniciativa pola Soberanía Alimentar dos Pobos), da que PANXEA forma parte. Será no Salón de Actos da Faculdade de Filosofía da USC, situada na Praza de Mazarelos. Nesta Praza, ademais, haberá unha Feira pola Soberanía Alimentar o domingo 28, de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas. O programa completo das xornadas é o seguinte:

Sábado 27 de Febreiro de 2010

10:00 h. Apresentación das Xornadas e da ISAP
10:30 h. Palestra: Soberanía Alimentar: Democratizando a Alimentación
Carme Freire (SLG), Paul Nicholson (EHNE)
12:00 h. Mesa Redonda: Vivir da Terra
Charo Sánchez (O Grelo Verde), Fuco Barreiro (Monte Cabalar), Antonio Carral (O Alle)
14:00 h. Pausa para xantar
16:30 h. Palestra: Interferencias Globais Norte-Sul e Soberanía Alimentar
Mónica Vargas (ODG – Observatorio de la Deuda en la Globalización)
18:00 h. Palestra: Construíndo Soberanía Alimentar en América Latina: A experiencia de Chile
Florencia Aróstica (ANAMURI – Asociación Nacional de Mujeres Rurales e Indígenas)
 
Domingo 28 de Febreiro de 2010
10:30 h. Palestra: Enfriando o Planeta: Soberanía Alimentar e Mudanza Climática
Ferrán Garcia (VSF/No Te Comas el Mundo)
12:00 h. Mesa Redonda: Vivir do Mar
Emilio Louro (Mar de Lira), Representante da Confraría de Cangas, Fermín Fernández (Algamar)
14:00 h. Pausa para xantar

16:30 h. Palestra: Construíndo Soberanía Alimentar en África: A experiencia de Mozambique
Luís Mário Muchanga (UNAC – União Nacional Camponesa)
18:00 h. Mesa Redonda: Vivir sen Devorar: Situación e Retos do Consumo Responsábel en Galiza
Proxecto Amorodo/Lentura, Rede Galega de Consumo Consciente e Responsábel

Tags:

Comments No Hay Comentarios »

Co lema “Todas as ferramentas contra as raíces da violencia” a Marcha Mundial das Mulleres convoca diversos actos para o mércores 25 Novembro, co gallo do Día Internacional contra a violencia de xénero. 
Con estes actos preténdese reivindicar a posta en marcha de todas as ferramentas necesarias nos ámbitos da educación, a cultura, o ensino, a sanidade, a xustiza, as institucións políticas, as relixiosas, os medios de comunicación, a sociedade, etc… así como a optimización e a utilización de todas as ferramentas xa existentes, que faciliten que toda a sociedade sexa quen de arrincar as raíces que sustentan a violencia machista e parar xa e dunha vez por todas as agresións de todo tipo que sofren as mulleres e as nenas.  
Convócase a toda a cidadanía a participar nos actos que as diferentes coordenadoras comarcais da MMM van realizar en conmemoración do Día internacional contra a Violencia de Xénero. e que en Compostela consistirán nunha concentración ese mesmo día 25 ás 20:30 horas na Praza do Toural. 
Mais información en www.feminismo.info

Tags: , ,

Comments No Hay Comentarios »

Foro Galego de Inmigración , formado por máis de 80 asociacións e entidades de toda Galicia vai desenvolver varios actos revindicativos os días 17 e 18 de Outubro para esixir un cambio substancial na Proposta que na actualidade se debate no Parlamento Español para reformar a Lei de Estranxeiría.

Trátase dunha mobilización convocada a nivel estatal tanto polo Comité Estatal do Foro Social Mundial das Migracións como pola REDI (Rede de Defensa dos Dereitos dos Inmigrantes) Española baixo o lema común: “AQUÍ NON SOBRA NINGUÉN”.

Os principais actos que se van desenvolver en Galicia, no marco desta mobilización estatal respaldada por varios centos de asociacións e entidades e miles de persoas a nivel individual, son:

 -    Unha concentración revindicativa  o sábado día 17 de Outubro ás 12: 00 h na Praza do Toural en Santiago de Compostela.

 -    Unha Manifestación a nivel galego, organizada conxuntamente coa rede local da cidade de A Coruña “Somos inmigrantes” que percorrerá as rúas desa cidade  o domingo día 18 de Outubro a partir das 17:00 h desde a Praza das Conchiñas e que rematara diante da sede da Subdelegación do Goberno.

Tags:

Comments No Hay Comentarios »

manifestacion_foro[1]PANXEA apoia a manifestación que o vindeiro sábado día 27 de xuño promove o Foro Galego de Inmigración co lema “Dereitos iguais para tod@s”.

A manifestación sairá ás 12:00 horas da Alameda e rematará na Praza de Praterías e pretende facer visible a situación de involución que en materia de dereitos fundamentais se está a dar nos últimos anos, tanto respecto das persoas inmigrantes como sobre as persoas e colectivos que os apoiamos.

Aquí podedes ler o manifesto da convocatoria, e a presentación visual da mesma.

 

Tags: ,

Comments No Hay Comentarios »

Como vedes, non paramos de ofertar formación. PANXEA participará e invítavos a todos e todas a participar na 3ª edición do curso “Tecnoloxía e Cooperación para o desenvolvemento humano” que organiza a ONGD “Enxeñería Sen Fronteiras“. Se queredes mais información premede aquí

Tags: , ,

Comments No Hay Comentarios »

PANXEA participará no 1º Encontro “Accións para un futuro sostible” que se vai desenvolver en Compostela entre o 17 e o 19 de abril de 2009. O encontro centrará os seus obxectivos na busca dunha transformacións social e persoal, e ao mesmo tempo tentará actuar como plataforma para xerar e desenvolver novas accións que contribúan a crear un mundo mellor a través de accións colectivas no eido da sustentabilidade, a acción social, o desenvolvemento humano, económico e de organización, potenciando igualmente a educación consciente en valores e a saúde integral.

O encontro está organizado e xestionado pola asociación Turmalina de actividades Bio-Culturales (Bioturmalina).

Se queredes mais información sobre programa, actividades, inscricións, etcétera, premede no “banner” situado debaixo.

Tags: ,

Comments No Hay Comentarios »

O vindeiro sábado día 28 de marzo a Asociación O PETO organiza a xornada de FIARE GZ que terá lugar no colexio La Salle (r/San Roque 6) de Santiago de Compostela co seguinte horario:

10:30 Presentación e agradecementos
11:00 Presentación FIARE: orixes e ideario
12:00 Descanso
12:30 Presentación FIARE: presente e futuro, crecemento territorial
14:00 XANTAR
17:00 “Asociación Proxecto Fiare Galiza”: implicacions, etc…
20:00 Feche: Fixar reunión para que se traslade o traballado aos colectivos e tomar a decisión de constituir conxuntamente a asociación territorial en Gz.

A asociación AIS “O Peto” ten concedido un préstamo a un local de comidas para levar, a nosa idea sería encargar alí a comida e comer todas/os xuntas/os.

(Para máis información e anotarse á xornada www.opeto.org)

O obxectivo de FIARE é ofrecer ás entidades e á cidadanía unha fórmula de aforro sobre a base de valores éticos e que permita apoiar a través de préstamos actividades económicas cun impacto social positivo. Así trátase dunha iniciativa impulsada por organizacións sociais galegas coa idea de crear unha banca ética. (Máis información en  www.fiare.org)

O proxecto comezou a xestarse fai tres años coa creación de Fiare por parte de 52 organizacións sociais e co apoio da Banca Popolare Etica d’Italia, ata que en outubro de 2005 se puxo en marcha en Bilbao unha banca ética que promove depósitos e préstamos con valores de responsabilidade social. (Para máis información www.proyectofiare.org)

Fiare

 

Tags: , , , ,

Comments No Hay Comentarios »