Archivo de la Categoría “Actividades de Panxea”


Dentro das Xornadas de verán da USC, a delegación de Mans Unidas coorganiza coa Universidade de Santiago as xornadas que levan por título: “Contra a fame, defende a Terra”, que se celebrarán os vindeiros días 8, 9 e 10 de setembro na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais en Compostela.

 

PANXEA participa nunha das comunicacións da tarde do día 9 falando sobre “O Comercio Xusto ante os retos da soberanía alimentaria e a sustentabilidade”.

 

Se estás interesado ou interesada, podes ver aquí o programa completo.

 

Tags: , , ,

Comments 1 Comentario »

O vindeiro venres día 25, ás 19:30 horas, a Asociación de usuarios de bancos, caixas de aforros e seguros, ADICAE-Galicia organiza xunto con PANXEA unha charla sobre Consumo Responsable destinada a todas aquelas persoas que queiran xuntarse para falar sobre o noso actual modelo e pautas de consumo e cómo podemos ir cara a un modelo de consumo máis consciente e responsable.

Será no local social de PANXEA, e estades todos e todas invitados.

Tags: ,

Comments No Hay Comentarios »

Asociación Galega de Horticultura Urbana (AGHU), en colaboración con PANXEA, celebrará este Xoves 24 de Xuño as 20:00 no local de Panxea en Santiago de Compostela (Rúa da Rosa, 36), unha pequena charla seguida dunha mesa redonda sobre a horticultura hurbana nas cooperativas de consumo.
Xa sabedes que todo o mundo está invitado. O obxetivo é sobre todo impulsar, e entre todos, deseñar un método axeitado de creación e organización de grupos de horticultura urbana dentro das cooperativas, para cultivar parte dos alimentos frescos que consumimos.
Graciñas por todo e vémonos o xoves.
Tags:

Comments No Hay Comentarios »

“Na cooperativa La Reforma preparamos o mellor café do mundo para vostedes. Traballamos duro todo o ano, especialmente os dous meses da recolección”

Guadalupe en Panxea co café que producen en La Reforma

Guadalupe en Panxea co café de Espanica que elas producen

Cando mercamos café de Nicaragua de Espanica estamos recibindo, entre outros, os esforzos das 50 familias da cooperativa La Reforma. Grazas a Gira por el Desarrollo tivemos a sorte de que Guadalupe del Carmen, que é a presidenta de La Reforma, nos contase en primeira persoa o traballo que hai detrás dunha taza de café. Moito. Moistisimo.

La Reforma vende o 60% da súa produción como comercio xusto a Espanica, aínda que lles gustaría que fose o 100% . Guadalupe explicounos como o pago digno polo seu traballo está a incidir na mellora real das condicións de vida da súa comunidade.

Eles pola súa parte fan unha aposta pola produción ecolóxica, aínda que lles supón unha baixada de productividade que compensan coa calidade do producto. Un café de altura, cultivado en sombra e totalmente ecolóxico. E como di Guadalupe cultivado con cariño por toda a comunidade. O mellor café do mundo.

Tags: , ,

Comments No Hay Comentarios »

O vindeiro xoves día 17 de xuño ás 20:00 horas, no local social de PANXEA (Rúa A Rosa, nº 36 baixo, Compostela) teremos unha charla coloquio con Carlos Osejo e Guadalupe del Carmen, membros de organizacións de produtores e comercializadores de café en Nicaragua que colaboran con Espanica, organización de comercio xusto coa que PANXEA colabora dende hai anos.

Será unha boa oportunidade de coñecer de primeira man tanto a realidade nicaragüense coma a experiencia de grupos de produtores e produtoras que traballan dende unha perspectiva de comercio xusto que engloba tanto a produción e comerclización do seu café como na loita por unha transformación social na súa realidade.

Estades todos e todas convidados (e haberá café, de Espanica, por suposto).

Tags: ,

Comments 1 Comentario »

O vindeiro sábado día 22 de maio ás 18:00 horas, PANXEA e a organización amiga SODePAZ presentarán no local social sito na rúa da Rosa nº 36, baixo as viaxes solidarias 2010 a México, Cuba, Palestina, Nicaragua, Ecuador, Bolivia, Perú e Arxentina. 

Os que esteades interesados non tedes mais que pasar polo local a esa hora, tomarvos un café con nós e coñecer esta nova posibilidade de participar.  

Se queres saber máis.

Tags: ,

Comments No Hay Comentarios »

A festa de inauguración de Panxea aparece recollida na prensa local (Fonte: El Correo Gallego)

Contamos coa fantástica actuación do Coro da Ra, escoitade senón…

Tags:

Comments 1 Comentario »

A partires desta semana, os socios e socias da cooperativa xa podedes mercar a través de PANXEA, ademais de toda a variedade de produtos da tenda, produtos de agricultores locais asociados no que antes era o Proxecto Amorodo, hoxe asociación Lentura.

Se queres coñecelos algo mais, aquí tedes o vídeo que fixo o programa Labranza, da Televisión de Galicia sobre a súa experiencia.

Proxecto Amorodo from zcminhoca on Vimeo.

Tags: , ,

Comments No Hay Comentarios »

A ISAP (Iniciativa pola Soberanía Alimentar dos Pobos), da que PANXEA forma parte, organiza para Sábado 10 de Abril en Santiago de Compostela unha feira e un xantar agroecolóxico pola soberanía alimentar e contra os transxénicos. Estes actos enmárcanse na Semana Estatal de Luita Contra os Transxénicos convocada por Plataforma Rural e Greenpeace, que concluirá 17 de Abril cunha manifestación estatal antitransxénicos en Madrid.

A Feira será de 10:00 a 14:00 horas na Praza do Toral. Nela haberá postos de produtos agroecolóxicos locais e de asociacións que traballan pola soberanía alimentar dos pobos.

O Xantar será oferecido ás 14:30 pola asociación de labreg@s Lentura no local da Troita Armada (Rúa do Pombal 18) cun prezo aproximado por persoa de 12 €. Para o xantar cumpre apontarse no enderezo-e info(a)soberaniaalimentar.info até 6 de Abril indicando se se prefer menu vexetariano ou se se padece algunha intolerancia alimentar.

Tags:

Comments No Hay Comentarios »

Ola amigos e amigas, queremos comunicarvos que PANXEA, Asociación para o Comercio Xusto e Solidario de Santiago de Compostela desde o ano 1995, INICIA UNHA NOVA ETAPA.

O vindeiro sábado constituirémonos como Cooperativa de Consumidores para continuar coa nosa liña de traballo no comercio xusto. En pouco tempo estrearemos o novo local na rúa da Rosa e ampliaremos as actividades. Ademais, introduciremos produtos ecolóxicos e locais na procura da soberanía alimentaria.

Invitámosvos a participar na Asemblea Constituinte da Cooperativa co fin de informarvos das características da mesma e se queredes, formar parte dela como socios ou socias dende o principio. A Asamblea será o Sábado, 6 de Febreiro de 2010 ás 17:00h da tardiña en Sargadelos (Rúa Nova, Santiago)

Para calquera dúbida ou aclaración os teléfonos de contacto son os seguintes: 649.350.628 (Gonzalo) e 639.441.965 (Vicente).

A proposta de Estatutos para a Cooperativa podedes consultala na seguinte entrada (xusto debaixo)

Esperámosvos en Sargadelos!

Tags: ,

Comments No Hay Comentarios »