Archivo de la Categoría “Campaña”


A multinacional Starbukcs está a facer unha campaña publicitando que o 100% do seu café expresso é de comercio xusto porque está certificado polo selo FLO. Como ben sabedes, PANXEA entende que a cualificación dun produto como de comercio xusto non se pode facer depender dun selo que só controla o produto concreto e non valora toda a cadea (produción, transporte, comercialización, …) e a traxectoria da empresa que pretende a certificación.

Atendendo ao historial desta multinacional estadounidense a xustiza social, comercial, ecolóxica e económica non parecen o seu forte. En 2006, Starbukcs tentou patentar unha das mellores variedades de café etíope, Sidamo. A mobilización social internacional parou a iniciativa. En Iraq, Afganistán e Kuwait, Starbukcs é a marca que anima ás tropas estadounidenses e segundo a súa web: “proporciona café para aliviar os esforzos (dos soldados) en tempos de conflito”. No seu país de orixe, Starbukcs permite a entrada de clientes armados nas súas cafetarías.

¿Podemos logo falar de comercio xusto en Starbukcs? Nós e moitas outras organizacións que somos parte do “Espacio por un Comercio Justo “cremos que non. Para algunhas organizacións ou certificadoras este é un xeito de chegar a máis consumidores, pero ¿paga a pena facelo a custa de ligar o concepto de comercio xusto a multinacionais coma esta?

Tags: ,

Comments No Hay Comentarios »

O vindeiro día 27 de novembro celébrase o “Día sen compras“, unha iniciativa que nace no 1992 e pola que diversas organizacións de todo o mundo pretenden facer un chamamento simbólico, unha especie de boicot, de folga xeral do consumo, durante todo un día, non só contra unha multinacional ou produto concreto, se non contra todo o modelo de sociedade de consumo. 

A proposta consiste en tentar fuxir do consumismo, especialmente nestas datas próximas ao Nadal, e dende PANXEA queremos invitarvos ese día a ser especialmente críticos co modelo de consumo que supoñen as grandes superficies e centros comerciais, aproveitando o día para repensar tamén sobre cómo e o noso consumo durante os restantes 364 días do ano. 

Nesta “web” tedes varios materiais que podedes aproveitar para a reflexión e o debate, tanto na sección de Enlaces sobre consumo responsable ou da campaña “Supermercados no gracias“, como os vídeos sobre consumo ou grandes superficies de “Panxea TV” (especialmente o documental “Gran superficie”), ou nos materiais sobre consumo responsable dos materiais didácticos “en liña”.

Feliz día sen compras!!!

Tags: ,

Comments No Hay Comentarios »

En consonancia cun dos obxectivos da Asociación, o fomento da paz, PANXEA ven de adherirse ao FORO 2010. Trátase dunha iniciativa impulsada polo Seminario Galego de Educación para a Paz e a Fundación Cultura de Paz que xuntará en Compostela durante o mes de decembro de 2010 diversos acontecementos relacionados coa paz, especialmente un Foro temático sobre Educación, Investigación, e Cultura de Paz, auspiciado polo Foro Mundial de Educación (FME), ente adscrito ao Foro Social Mundial.

Durante o mes de Decembro de 2010 haberá tamén en Santiago de Compostela unha reunión de membros do Grupo de Alto Nivel creado por Nacións Unidas para a Alianza de Civilizacións e outra cos coordinadores do Decenio da Cultura da Paz (2001-2010).

Paralelamente, en diferentes espazos da cidade, terán lugar exposicións de pintura, fotoxornalismo, cinema, literatura, banda deseñada, etc. sobre o tema da guerra e a paz e diversas actuacións musicais.

Foro 2010 

Tags: ,

Comments No Hay Comentarios »

Investimos o premio de outono de escaparatismo en levar o lema “Por un consumo responsable” á liña 6 de autobuses en Santiago. Deste xeito aproveitamos tamén para facer visible a nosa aposta polos transportes públicos como medio sustentábel de viaxar e desprazarse.

Publicidade de Panxea

Publicidade de Panxea

Panxea nos autobuses urbanos

Panxea nos autobuses urbanos

Tags: , ,

Comments No Hay Comentarios »