Archivo de la Categoría “Recomendación”
Dentro das Xornadas de verán da USC, a delegación de Mans Unidas coorganiza coa Universidade de Santiago as xornadas que levan por título: “Contra a fame, defende a Terra”, que se celebrarán os vindeiros días 8, 9 e 10 de setembro na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais en Compostela.
PANXEA participa nunha das comunicacións da tarde do día 9 falando sobre “O Comercio Xusto ante os retos da soberanía alimentaria e a sustentabilidade”.
Se estás interesado ou interesada, podes ver aquí o programa completo.
Tags: Comercio Xusto, formación, USC, xornadas
No Hay Comentarios »
O vindeiro venres día 25, ás 19:30 horas, a Asociación de usuarios de bancos, caixas de aforros e seguros, ADICAE-Galicia organiza xunto con PANXEA unha charla sobre Consumo Responsable destinada a todas aquelas persoas que queiran xuntarse para falar sobre o noso actual modelo e pautas de consumo e cómo podemos ir cara a un modelo de consumo máis consciente e responsable.
Será no local social de PANXEA, e estades todos e todas invitados.
Tags: Adicae, Consumo responsable
No Hay Comentarios »
 A Asociación Galega de Horticultura Urbana (AGHU), en colaboración con PANXEA, celebrará este Xoves 24 de Xuño as 20:00 no local de Panxea en Santiago de Compostela (Rúa da Rosa, 36), unha pequena charla seguida dunha mesa redonda sobre a horticultura hurbana nas cooperativas de consumo.
Xa sabedes que todo o mundo está invitado. O obxetivo é sobre todo impulsar, e entre todos, deseñar un método axeitado de creación e organización de grupos de horticultura urbana dentro das cooperativas, para cultivar parte dos alimentos frescos que consumimos.
Graciñas por todo e vémonos o xoves.
Tags: AGHU
No Hay Comentarios »
O vindeiro xoves día 17 de xuño ás 20:00 horas, no local social de PANXEA (Rúa A Rosa, nº 36 baixo, Compostela) teremos unha charla coloquio con Carlos Osejo e Guadalupe del Carmen, membros de organizacións de produtores e comercializadores de café en Nicaragua que colaboran con Espanica, organización de comercio xusto coa que PANXEA colabora dende hai anos.
Será unha boa oportunidade de coñecer de primeira man tanto a realidade nicaragüense coma a experiencia de grupos de produtores e produtoras que traballan dende unha perspectiva de comercio xusto que engloba tanto a produción e comerclización do seu café como na loita por unha transformación social na súa realidade.
Estades todos e todas convidados (e haberá café, de Espanica, por suposto).
Tags: Comercio Xusto, Espacio por un Comercio Justo
1 Comentario »
Os vindeiros días 18 e 19 de xuño celebrarase en Lugo o curso “A práctica do Comercio Xusto dende a perspectiva da Soberanía Alimentar” organizado por A Cova da Terra, Xarxa de Consum Solidari, PANXEA, e o Espacio por un Comercio Justo.
O curso xira arredor de tres obradoiros impartidos por especialistas nas materias: “Modelos de produción alimentar” (Fernando Fernández), “Cooperación internacional no Comercio Xusto dende a perspectiva da Soberanía Alimentar” (Jordi Gascón), e “Soberanía Alimentar e Comercio Xusto como instrumentos políticos” (Xabier Montagut).
As prazas son limitadas, e a data límite de inscrición é o día 14 de xuño
Se queres mais información preme aquí
Tags: Comercio Xusto, Espacio por un Comercio Justo, soberanía alimentar
No Hay Comentarios »
O vindeiro sábado día 22 de maio ás 18:00 horas, PANXEA e a organización amiga SODePAZ presentarán no local social sito na rúa da Rosa nº 36, baixo as viaxes solidarias 2010 a México, Cuba, Palestina, Nicaragua, Ecuador, Bolivia, Perú e Arxentina.
Os que esteades interesados non tedes mais que pasar polo local a esa hora, tomarvos un café con nós e coñecer esta nova posibilidade de participar.
Se queres saber máis.
Tags: SODePAZ, viaxes solidarias
No Hay Comentarios »
Hoxe martes día 11 de maio, ás 20:00 horas, no Centro Social Caixanova (Praza Cervantes, Santiago de Compostela), a delegación de Santiago de Mans Unidas invítate a coñecer a realidade dos seus proxectos de desenvolvemento no Terceiro Mundo.
A encargada de contar o seu contacto cos proxectos de desenvolvemento que Mans Unidas esta apoiando na India será Purificación Vez, e tamén se proxectará un documental sobre a súa estancia neste país.
Tags: Mans Unidas
No Hay Comentarios »
Enxeñería Sen Fronteiras Galicia (ESF-Galicia) organiza, en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela, a quinta edición do curso Cooperación e Tecnoloxía para o Desenvolvemento Humano.
A través del, persegue mostrar as/aos alumnas/os unha visión global das causas e consecuencias da pobreza e da desigualdade no mundo e a necesidade de xuntar esforzos e adquirir un compromiso activo para poder combater esas situacións. Exporase ademais a importancia de por a tecnoloxía e a enxeñería a servicio do desenvolvemento, entendéndoas e aplicándoas dentro do entorno cultural, político, social, económico e ambiental en que se empregan.
O curso ten unha duración de 60 horas e desenvolverase durante mes de abril (9-10-11 e 23-24-25) no campus sur de Santiago de Compostela. Está dirixido a toda a poboación universitaria e, en xeral, a todos aquelas persoas que están interesadas na cooperación ao desenvolvemento.
O prazo para matricularse no Campus de Santiago estará aberto ata o venres 9 de abril do presente ano 2010. Tedes toda a información neste enlace

Tags: formación
No Hay Comentarios »
A organización amiga, AIS “O Peto” organiza a V Xornada de Formación tanto para as súas socias e socios, como para a cidadanía en xeral.
Será o 13 de marzo, no horario de 10:30 a 13:30 horas e de 16:30 – 19:30 horas, na Galería Sargadelos de Santiago de Compostela (Rúa Nova 16) e versará sobre “Consecuencias do capitalismo: crisis global e alternativas”, impartida por Luis González Reyes, coordinador de “Ecologistas en Acción-Madrid”
Pola maña reflexionarase sobre aspectos como: ¿como funciona o capitalismo?, causas da crise (reais, creadas…), e consecuencias do capitalismo: a crise global. Pola tarde falarase de alternativas, realidades que se coñecen que están a cambiar as cousas, …
Se queres saber máis
Tags: Banca ética, Economía solidaria, o peto
No Hay Comentarios »
Os días 27 e 28 de Febreiro celebraranse en Santiago de Compostela as Xornadas Galegas de Soberanía Alimentar, organizadas pola ISAP (Iniciativa pola Soberanía Alimentar dos Pobos), da que PANXEA forma parte. Será no Salón de Actos da Faculdade de Filosofía da USC, situada na Praza de Mazarelos. Nesta Praza, ademais, haberá unha Feira pola Soberanía Alimentar o domingo 28, de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas. O programa completo das xornadas é o seguinte:
Sábado 27 de Febreiro de 2010
10:00 h. Apresentación das Xornadas e da ISAP
10:30 h. Palestra: Soberanía Alimentar: Democratizando a Alimentación
Carme Freire (SLG), Paul Nicholson (EHNE)
12:00 h. Mesa Redonda: Vivir da Terra
Charo Sánchez (O Grelo Verde), Fuco Barreiro (Monte Cabalar), Antonio Carral (O Alle)
14:00 h. Pausa para xantar
16:30 h. Palestra: Interferencias Globais Norte-Sul e Soberanía Alimentar
Mónica Vargas (ODG – Observatorio de la Deuda en la Globalización)
18:00 h. Palestra: Construíndo Soberanía Alimentar en América Latina: A experiencia de Chile
Florencia Aróstica (ANAMURI – Asociación Nacional de Mujeres Rurales e Indígenas)
Domingo 28 de Febreiro de 2010
10:30 h. Palestra: Enfriando o Planeta: Soberanía Alimentar e Mudanza Climática
Ferrán Garcia (VSF/No Te Comas el Mundo)
12:00 h. Mesa Redonda: Vivir do Mar
Emilio Louro (Mar de Lira), Representante da Confraría de Cangas, Fermín Fernández (Algamar)
14:00 h. Pausa para xantar
16:30 h. Palestra: Construíndo Soberanía Alimentar en África: A experiencia de Mozambique
Luís Mário Muchanga (UNAC – União Nacional Camponesa)
18:00 h. Mesa Redonda: Vivir sen Devorar: Situación e Retos do Consumo Responsábel en Galiza
Proxecto Amorodo/Lentura, Rede Galega de Consumo Consciente e Responsábel
Tags: Agroecoloxía e Soberanía Alimentar
No Hay Comentarios »
|