A Asociación Galega de Horticultura Urbana (AGHU), en colaboración con PANXEA, celebrará este Xoves 24 de Xuño as 20:00 no local de Panxea en Santiago de Compostela (Rúa da Rosa, 36), unha pequena charla seguida dunha mesa redonda sobre a horticultura hurbana nas cooperativas de consumo.
Xa sabedes que todo o mundo está invitado. O obxetivo é sobre todo impulsar, e entre todos, deseñar un método axeitado de creación e organización de grupos de horticultura urbana dentro das cooperativas, para cultivar parte dos alimentos frescos que consumimos.
A partires desta semana, os socios e socias da cooperativa xa podedes mercar a través de PANXEA, ademais de toda a variedade de produtos da tenda, produtos de agricultores locais asociados no que antes era o Proxecto Amorodo, hoxe asociación Lentura.
Se queres coñecelos algo mais, aquí tedes o vídeo que fixo o programa Labranza, da Televisión de Galicia sobre a súa experiencia.
Hoxe venres 30, a partir das 20:00 terá lugar a festa de inauguración da nova tenda e local social de Panxea en Compostela. Están invitados os socios, socias, e amigos de Panxea, e calquera persoa que nos queira coñecer.
Teremos unha degustación de productos de Comercio Xusto e unha fantástica actuación do Coro da Rá. Quen veña á festa ou no horario de tenda habitual poderá coñecer algúns dos productos que imos ir incorporando á nosa oferta de Comercio Xusto, producto local e ecolóxico.
O horario habitual de apertura da tenda vai ser:
Luns: De 17:00 a 20:30
De Martes a Venres: De 10:30 a 14:00 e de 17:00 a 20:30
Sábados: De 11:00 a 14:00
Ola amigos e amigas, queremos comunicarvos que PANXEA, Asociación para o Comercio Xusto e Solidario de Santiago de Compostela desde o ano 1995, INICIA UNHA NOVA ETAPA.
O vindeiro sábado constituirémonos como Cooperativa de Consumidores para continuar coa nosa liña de traballo no comercio xusto. En pouco tempo estrearemos o novo local na rúa da Rosa e ampliaremos as actividades. Ademais, introduciremos produtos ecolóxicos e locais na procura da soberanía alimentaria.
Invitámosvos a participar na Asemblea Constituinte da Cooperativa co fin de informarvos das características da mesma e se queredes, formar parte dela como socios ou socias dende o principio. A Asamblea será o Sábado, 6 de Febreiro de 2010 ás 17:00h da tardiña en Sargadelos (Rúa Nova, Santiago)
Para calquera dúbida ou aclaración os teléfonos de contacto son os seguintes: 649.350.628 (Gonzalo) e 639.441.965 (Vicente).
A proposta de Estatutos para a Cooperativa podedes consultala na seguinte entrada (xusto debaixo)