Archivo de la Categoría “Avisos”


Hoxe venres 30, a partir das 20:00 terá lugar a festa de inauguración da nova tenda e local social de Panxea en Compostela. Están invitados os socios, socias, e amigos de Panxea, e calquera persoa que nos queira coñecer.
Teremos unha degustación de productos de Comercio Xusto e unha fantástica actuación do Coro da Rá. Quen veña á festa ou no horario de tenda habitual poderá coñecer algúns dos productos que imos ir incorporando á nosa oferta de Comercio Xusto, producto local e ecolóxico.

O horario habitual de apertura da tenda vai ser:

Luns: De 17:00 a 20:30
De Martes a Venres: De 10:30 a 14:00 e de 17:00 a 20:30
Sábados: De 11:00 a 14:00

Agardámosvos!

Tags:

Comments No Hay Comentarios »

Ola amigos e amigas, queremos comunicarvos que PANXEA, Asociación para o Comercio Xusto e Solidario de Santiago de Compostela desde o ano 1995, INICIA UNHA NOVA ETAPA.

O vindeiro sábado constituirémonos como Cooperativa de Consumidores para continuar coa nosa liña de traballo no comercio xusto. En pouco tempo estrearemos o novo local na rúa da Rosa e ampliaremos as actividades. Ademais, introduciremos produtos ecolóxicos e locais na procura da soberanía alimentaria.

Invitámosvos a participar na Asemblea Constituinte da Cooperativa co fin de informarvos das características da mesma e se queredes, formar parte dela como socios ou socias dende o principio. A Asamblea será o Sábado, 6 de Febreiro de 2010 ás 17:00h da tardiña en Sargadelos (Rúa Nova, Santiago)

Para calquera dúbida ou aclaración os teléfonos de contacto son os seguintes: 649.350.628 (Gonzalo) e 639.441.965 (Vicente).

A proposta de Estatutos para a Cooperativa podedes consultala na seguinte entrada (xusto debaixo)

Esperámosvos en Sargadelos!

Tags: ,

Comments No Hay Comentarios »

Co lema “Todas as ferramentas contra as raíces da violencia” a Marcha Mundial das Mulleres convoca diversos actos para o mércores 25 Novembro, co gallo do Día Internacional contra a violencia de xénero. 
Con estes actos preténdese reivindicar a posta en marcha de todas as ferramentas necesarias nos ámbitos da educación, a cultura, o ensino, a sanidade, a xustiza, as institucións políticas, as relixiosas, os medios de comunicación, a sociedade, etc… así como a optimización e a utilización de todas as ferramentas xa existentes, que faciliten que toda a sociedade sexa quen de arrincar as raíces que sustentan a violencia machista e parar xa e dunha vez por todas as agresións de todo tipo que sofren as mulleres e as nenas.  
Convócase a toda a cidadanía a participar nos actos que as diferentes coordenadoras comarcais da MMM van realizar en conmemoración do Día internacional contra a Violencia de Xénero. e que en Compostela consistirán nunha concentración ese mesmo día 25 ás 20:30 horas na Praza do Toural. 
Mais información en www.feminismo.info

Tags: , ,

Comments No Hay Comentarios »

Mentres non iniciemos a andaina no novo local, informámosvos do enderezo postal provisional da asociación que xa tedes no apartado “Contacto e horarios” desta web, onde tamén tedes os teléfonos provisionais de contacto para temas de sensibilización ou comerciais (pedidos, catering, …).

O enderezo provisional é: Casa das Asociacións Veciñais; Antiga estación de Cornes; Avda. de Vilagarcía, nº 43; 15706, Santiago de Compostela (A Coruña).

Casa das asociacións

Comments No Hay Comentarios »

Foro Galego de Inmigración , formado por máis de 80 asociacións e entidades de toda Galicia vai desenvolver varios actos revindicativos os días 17 e 18 de Outubro para esixir un cambio substancial na Proposta que na actualidade se debate no Parlamento Español para reformar a Lei de Estranxeiría.

Trátase dunha mobilización convocada a nivel estatal tanto polo Comité Estatal do Foro Social Mundial das Migracións como pola REDI (Rede de Defensa dos Dereitos dos Inmigrantes) Española baixo o lema común: “AQUÍ NON SOBRA NINGUÉN”.

Os principais actos que se van desenvolver en Galicia, no marco desta mobilización estatal respaldada por varios centos de asociacións e entidades e miles de persoas a nivel individual, son:

 -    Unha concentración revindicativa  o sábado día 17 de Outubro ás 12: 00 h na Praza do Toural en Santiago de Compostela.

 -    Unha Manifestación a nivel galego, organizada conxuntamente coa rede local da cidade de A Coruña “Somos inmigrantes” que percorrerá as rúas desa cidade  o domingo día 18 de Outubro a partir das 17:00 h desde a Praza das Conchiñas e que rematara diante da sede da Subdelegación do Goberno.

Tags:

Comments No Hay Comentarios »

O vindeiro 15 de outubro pecharemos a tenda de Panxea na rúa Gómez Ulla. Ata ese día liquidaremos existencias con importantes descontos para os nosos clientes e amigos.

O obxectivo da Asociación Panxea é poder abrir nos vindeiros meses unha nova tenda-local social en Santiago, na que ofreceremos mais e novos productos de comercio xusto, e novas liñas dentro da agricultura ecolóxica.

Durante estes meses a Asociación Panxea vai continuar, por suposto, co seu traballo de sensibilización e difusión do Comercio Xusto e o Consumo Responsable.

De xeito paralelo estamos deseñando colectivamente a nova tenda, onde pretendemos consolidar un proxecto viable, de maior dimensión e calidade de venta e concienciación en Comercio Xusto.

A vosa participación vai ser fundamental para que poida saír adiante este proxecto no que estamos moi ilusionados. Contamos con todas e todos vós, amigos, socios e clientes.

Nesta páxina web iremos informado dos pasos que vaiamos dando. Se queres poñerte en contacto connosco ou participar deste novo proxecto, podes facelo no enderezo habitual panxea@panxea.org.

Tags:

Comments 2 Comentarios »

Xa estamos de volta, despois duns días de posta a punto da tenda aproveitando as festas do apóstolo e mais as obras na rúa, a tenda xa recuperou dende o venres día 24 o horario habitual.

Tamén queremos aproveitar para comunicarvos que durante o mes de agosto estaremos abertos só polas mañás, no horario de sempre, entre as 10:30 e as 14:00 horas.

Grazas a tod@s e perdón polas molestias.

Tags: ,

Comments No Hay Comentarios »

A tenda da asociación estará pechada uns días para facer inventario. Desculpade as molestias.

A finais de semana, ou o luns día 27, a mais tardar, estaremos de novo a pleno rendimento e agardando a vosa visita coma sempre na rúa Gómez Ulla nº 4, baixo, a carón da Praza de Galicia entre as 10:30 e as 14:00 horas polas mañás, e entre as 17:00 e as 20:30 horas polas tardes.

Tags: ,

Comments No Hay Comentarios »

PANXEA, como membro da RA! súmase á semana “branca” de mobilizacions en apoio ao sector leiteiro que terá lugar dende o día 13 ao 17 de xullo, reivindicando a fixación dun prezo mínimo para o leite, a garantía da súa recollida e a modificación das actuais políticas agrarias estatais e europeas.

Como non temos tractor, tamén nos mobilizamos co noso tractor virtual de apoio.

Tags: , , , ,

Comments No Hay Comentarios »

manifestacion_foro[1]PANXEA apoia a manifestación que o vindeiro sábado día 27 de xuño promove o Foro Galego de Inmigración co lema “Dereitos iguais para tod@s”.

A manifestación sairá ás 12:00 horas da Alameda e rematará na Praza de Praterías e pretende facer visible a situación de involución que en materia de dereitos fundamentais se está a dar nos últimos anos, tanto respecto das persoas inmigrantes como sobre as persoas e colectivos que os apoiamos.

Aquí podedes ler o manifesto da convocatoria, e a presentación visual da mesma.

 

Tags: ,

Comments No Hay Comentarios »