Archivo de la Categoría “Novas”
Despois de moitos traballos queremos comunicarvos que o vindeiro venres 23 de abril abriremos (en fase de probas) a nova tenda de Panxea ao público. Un paso importante nos case 15 anos que Panxea leva traballando no Comercio Xusto e o Consumo Responsable en Santiago de Compostela.
O venres 30 ás 20:00 terá lugar a festa de inauguración á que están invitados todos os socios e amigos de Panxea.
 Localizacion de Panxea
View Panxea in a larger map
Tags: Comercio Xusto, Consumo responsable, Inauguración
1 Comentario »

Hoxe ás 20:00 horas na Casa da Cultura de Bertamináns o Concello de Ames organiza unha xornada-debate sobre “Os transxénicos: a súa afección no medio e na alimentación”.
Estades todos invitados a acudir para ter mais información sobre o tema dende distintos puntos de vista.
Tags: Agroecoloxía e Soberanía Alimentar, transxénicos
No Hay Comentarios »
A organización amiga, AIS “O Peto” organiza a V Xornada de Formación tanto para as súas socias e socios, como para a cidadanía en xeral.
Será o 13 de marzo, no horario de 10:30 a 13:30 horas e de 16:30 – 19:30 horas, na Galería Sargadelos de Santiago de Compostela (Rúa Nova 16) e versará sobre “Consecuencias do capitalismo: crisis global e alternativas”, impartida por Luis González Reyes, coordinador de “Ecologistas en Acción-Madrid”
Pola maña reflexionarase sobre aspectos como: ¿como funciona o capitalismo?, causas da crise (reais, creadas…), e consecuencias do capitalismo: a crise global. Pola tarde falarase de alternativas, realidades que se coñecen que están a cambiar as cousas, …
Se queres saber máis
Tags: Banca ética, Economía solidaria, o peto
No Hay Comentarios »
Os días 27 e 28 de Febreiro celebraranse en Santiago de Compostela as Xornadas Galegas de Soberanía Alimentar, organizadas pola ISAP (Iniciativa pola Soberanía Alimentar dos Pobos), da que PANXEA forma parte. Será no Salón de Actos da Faculdade de Filosofía da USC, situada na Praza de Mazarelos. Nesta Praza, ademais, haberá unha Feira pola Soberanía Alimentar o domingo 28, de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas. O programa completo das xornadas é o seguinte:
Sábado 27 de Febreiro de 2010
10:00 h. Apresentación das Xornadas e da ISAP
10:30 h. Palestra: Soberanía Alimentar: Democratizando a Alimentación
Carme Freire (SLG), Paul Nicholson (EHNE)
12:00 h. Mesa Redonda: Vivir da Terra
Charo Sánchez (O Grelo Verde), Fuco Barreiro (Monte Cabalar), Antonio Carral (O Alle)
14:00 h. Pausa para xantar
16:30 h. Palestra: Interferencias Globais Norte-Sul e Soberanía Alimentar
Mónica Vargas (ODG – Observatorio de la Deuda en la Globalización)
18:00 h. Palestra: Construíndo Soberanía Alimentar en América Latina: A experiencia de Chile
Florencia Aróstica (ANAMURI – Asociación Nacional de Mujeres Rurales e Indígenas)
Domingo 28 de Febreiro de 2010
10:30 h. Palestra: Enfriando o Planeta: Soberanía Alimentar e Mudanza Climática
Ferrán Garcia (VSF/No Te Comas el Mundo)
12:00 h. Mesa Redonda: Vivir do Mar
Emilio Louro (Mar de Lira), Representante da Confraría de Cangas, Fermín Fernández (Algamar)
14:00 h. Pausa para xantar
16:30 h. Palestra: Construíndo Soberanía Alimentar en África: A experiencia de Mozambique
Luís Mário Muchanga (UNAC – União Nacional Camponesa)
18:00 h. Mesa Redonda: Vivir sen Devorar: Situación e Retos do Consumo Responsábel en Galiza
Proxecto Amorodo/Lentura, Rede Galega de Consumo Consciente e Responsábel
Tags: Agroecoloxía e Soberanía Alimentar
No Hay Comentarios »
O vindeiro sábado 16 de xaneiro celebrarase a Constitución da Sección Territorial Galega de Fiare. Entre os membros fundadores de Fiare Galiza atópanse oraganizacións como: AIS O Peto, Arela, Verdegaia, Adega, Altermundo, SLG, colexio La Salle, Amarante, Taller de Solidariedade, Solidariedade Internacional, a parroquia do Cristo da Victoria en Vigo, Proclade, CONGD´s…., e como, non, PANXEA.
O proxecto Fiare parte dun diagnóstico concreto: as nosas sociedades son inxustas. É desde a indignación que produce esa inxustiza desde a que xorden os dinamismos para desenvolvelo. Dentro das múltiples e complexas facetas que debullan esta estrutura de desigualdade e exclusión, o sistema bancario é o piar sobre o que Fiare se propón actuar, construindo unha realidade alternativa. Fiare nace, xa que logo, como un proxecto de sistema de banca ética que se constitúa en alternativa elixíbel pola cidadanía e que actúe significativamente pola transformación do sistema financieiro e cunha característica fundamental (entre outras): o seu funcionamento está en mans dos movementos sociais.
Podedes atopar mais información en: http://www.fiare.org/ ou en http://opeto.org/paxina/proxecto-fiare-gz.
Tags: Banca ética, fiare
No Hay Comentarios »
Escrito por admin en Avisos, Novas
Mentres non iniciemos a andaina no novo local, informámosvos do enderezo postal provisional da asociación que xa tedes no apartado “Contacto e horarios” desta web, onde tamén tedes os teléfonos provisionais de contacto para temas de sensibilización ou comerciais (pedidos, catering, …).
O enderezo provisional é: Casa das Asociacións Veciñais; Antiga estación de Cornes; Avda. de Vilagarcía, nº 43; 15706, Santiago de Compostela (A Coruña).
No Hay Comentarios »
Escrito por admin en Novas
- Ata o 15 de outubro!!
- Descontos do 60, 40 e 20% en tódolos produtos agás alimentación, cosmética e bisutería.
- Liquidación por peche de tenda e inicio de nova etapa.

Tags: Liquidación
No Hay Comentarios »

O vindeiro 15 de outubro pecharemos a tenda de Panxea na rúa Gómez Ulla. Ata ese día liquidaremos existencias con importantes descontos para os nosos clientes e amigos.
O obxectivo da Asociación Panxea é poder abrir nos vindeiros meses unha nova tenda-local social en Santiago, na que ofreceremos mais e novos productos de comercio xusto, e novas liñas dentro da agricultura ecolóxica.
Durante estes meses a Asociación Panxea vai continuar, por suposto, co seu traballo de sensibilización e difusión do Comercio Xusto e o Consumo Responsable.
De xeito paralelo estamos deseñando colectivamente a nova tenda, onde pretendemos consolidar un proxecto viable, de maior dimensión e calidade de venta e concienciación en Comercio Xusto.
A vosa participación vai ser fundamental para que poida saír adiante este proxecto no que estamos moi ilusionados. Contamos con todas e todos vós, amigos, socios e clientes.
Nesta páxina web iremos informado dos pasos que vaiamos dando. Se queres poñerte en contacto connosco ou participar deste novo proxecto, podes facelo no enderezo habitual panxea@panxea.org.
Tags: nova etapa
2 Comentarios »
PANXEA, como membro da RA! súmase á semana “branca” de mobilizacions en apoio ao sector leiteiro que terá lugar dende o día 13 ao 17 de xullo, reivindicando a fixación dun prezo mínimo para o leite, a garantía da súa recollida e a modificación das actuais políticas agrarias estatais e europeas.
Como non temos tractor, tamén nos mobilizamos co noso tractor virtual de apoio.

Tags: leite, produtores, ra, soberanía alimentar, Tractorada
No Hay Comentarios »
PANXEA, como membro da RA! súmase mañá mércores día 17 á tractorada que convoca o SLG pola que varias caravanas de tractores circularán cara a 7 vilas e cidades de Galicia reivindicando a fixación dun prezo mínimo para o leite, a garantía da súa recollida e a modificación das actuais políticas agrarias.
Para os que non poidades acudir, temos aquí o noso tractor virtual de apoio.

Tags: leite, produtores, ra, soberanía alimentar, Tractorada
No Hay Comentarios »
|