Archivo de la Categoría “Uncategorized”


O vindeiro xoves día 17 de xuño ás 20:00 horas, no local social de PANXEA (Rúa A Rosa, nº 36 baixo, Compostela) teremos unha charla coloquio con Carlos Osejo e Guadalupe del Carmen, membros de organizacións de produtores e comercializadores de café en Nicaragua que colaboran con Espanica, organización de comercio xusto coa que PANXEA colabora dende hai anos.

Será unha boa oportunidade de coñecer de primeira man tanto a realidade nicaragüense coma a experiencia de grupos de produtores e produtoras que traballan dende unha perspectiva de comercio xusto que engloba tanto a produción e comerclización do seu café como na loita por unha transformación social na súa realidade.

Estades todos e todas convidados (e haberá café, de Espanica, por suposto).

Tags: ,

Comments 1 Comentario »

Para todos aqueles que ainda non tedes unha conta en Facebook e vos queirades rexistrar, aquí tedes o enlace: http://www.facebook.com/

De seguido buscade “PANXEA Comercio Xusto” e unídevos! Un novo xeito de crear grupo, compartir información, comentarios e poñernos máis en contacto!

É de balde e calquera pode unirse.

Tags: , ,

Comments No Hay Comentarios »

 Presentámosvos hoxe o documental “De la mata a la olla“, que cun ar positivo e lúdico amosa as nefastas consecuencias que a extensión dos supermercados ten sobre a nosa alimentación, os labregos e labregas do sur e do norte, o comercio local, a precarización do emprego, …

e tamén como en moitos lugares (Ecuador, México, Cataluña, …) a xente comeza a organizarse para propor novas e mellores alternativas baseadas na soberanía alimentar para acceder á compra diaria.

Que o disfrutedes !!!

Tags: , , ,

Comments No Hay Comentarios »

O próximo sábado día 9 de maio celébrase en todo o mundo o Día Internacional do Comercio Xusto. PANXEA únese a esa celebración dende Compostela e xunto con outras organizacións de Comercio Xusto invítavos a participar nos actos que co gallo deste día imos realizar na Praza de Cervantes a partires das 12:00 e ata as 20:00 horas.

Poderedes disfrutar de distintas actividades e obradoiros como dunha degustación de produtos de Comercio Xusto elaborados pola Escola Superior de Hostelería, do test de pegada ecolóxica, dun obradoiro sobre a orixe da roupa, e especialmente estades invitados á Cacerolada de protesta festiva contra a crise financieira, a pobreza e o cambio climático, que dende as 12:00 horas acompañará á actuación do grupo de percusión africana Shanga Noeda.

Se queredes mais información sobre as actividades no resto de Galicia premede aquí.

Comments 1 Comentario »