Archivo del Autor

Os vindeiros sábados días 25 de maio e 8 de xuño PANXEA organiza en colaboración con Sodepaz Solidaridad Desarrollo, e coa financiación da Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea da Xunta de Galicia, un Obradoiro de formación sobre Cooperación ao Desenvolvemento de 20 horas de duración aberto a persoas interesadas no tema ou que xa teñan relación co mesmo.

O obradoiro, que é gratuito, estará impartido por Manuel Vanegas, coordinador da Área de Cooperación Internacional de SODePAZ.

Podedes inscribirvos enviando un correo-e dirixido ao enderezo: xestion(arroba)panxea.org indicando o voso nome, correo-e, teléfono, e no seu caso a ONGD á que pertenzades. As inscricións priorizaranse por orde de recepción do correo-e. A data final para inscribirse é o venres 24 de maio ás 14:00 horas.

Tedes máis información no seguinte enlace


Tags: , ,

Comments No Hay Comentarios »

Durante todo o mes de maio en PANXEA celebraremos o “Mes das ONGD“, con descontos para tódalas persoas socias, voluntarias e/ou traballadoras das ONGD, que terán prezo de socias nas compras que realicen durante todo o mes.

Ademáis arredor da semana do sábado día 11 de maio celebraremos distintas actividades en relación co Día Mundial do Comercio Xusto, que este ano está adicado ao azucre.

Entre elas, o propio sábado día 11 realizaremos entre as 11:00 e as 12:00 horas no local social de PANXEA (Rúa da Rosa, 36, baixo) un almorzo para xornalistas e para persoas socias, voluntarias e/ou traballadoras de ONGD, aproveitando a presenza en Galicia da produtora cubana Yasmín Martínez Delgado, que nos ven explicar cómo é o proceso do azucre de caña ecolóxico e de comercio xusto que producen na súa cooperativa en Villa Clara (Cuba).

Tedes máis información do azucre do que vos falamos, o seu proceso, certificacións, vídeos explicativos, etcétera, neste enlace da páxina de SODePAZ.

Ao almorzo, por suposto, invita PANXEA. Agardámosvos!

Tags: , ,

Comments No Hay Comentarios »

Hoxe martes día 23 de abril comezamos as Xornadas “Consumo Sostible e Xénero: novas preguntas, novos retos“, que PANXEA coorganiza xunto con A Cova da Terra, a Coordinadora Galega de ONGD, Sodepaz Comercio Justo, Xarxa de Consum Solidari, a Marcha Mundial das Mulleres Galiza, Verdegaia e o Sindicato Labrego Galego.

Para inaugurar o ciclo de xornadas teremos a sorte de contar en Compostela con Miriam Nobre, integrante brasileña do Secretariado Internacional da Marcha Mundial das Mulheres, que falará sobre “Sinerxias entre feminismo, ecoloxía e consumo responsable” a partires das 19:30 horas no Centro Sociocultural das Fontiñas.

As xornadas continuarán os días 29 de abril e 13 de maio coas charlas de Isabel Vilalba Seivane e Joana García Grenzer, que falarán sobre “O papel das mulleres na produción de alimentos dende a óptica da Soberanía Alimentaria”, e sobre “Economía Feminista e con visión de xénero”, respectivamente.

Adxuntamos o cartaz e programa das xornadas!

Agardámosvos!

Tags: , , , ,

Comments No Hay Comentarios »

Durante todo este mes de abirl estase a realizar a nivel estatal unha campaña chamada #remuevetudinero, coa que se pretende reflexionar sobre qué fan os bancos tradicionais cos nosos cartos e que nos invita a cancelar as nosas contas correntes, de aforro, fondos de pensións ou inversións, etcétera, da banca convencional e trasladar eses cartos e facernos socios ou socias ou abrir contas ou depósitos en entidades cooperativas e de finanzas éticas.

Por suposto dende PANXEA compartimos o fondo da campaña e xa levamos tempo camiñando nesa liña, especialmente como sabedes, ofrecendo o noso local como punto de información tanto sobre AIS O´Peto como sobre Fiare.

Se queredes máis información sobre a campaña podedes consutar a súa web: http://remuevetudinero.net/, ou pasarvos polo local de PANXEA os luns pola mañá ou os martes pola tarde, aproveitando tamén para comunicarvos que este martes ás 19:30 horas na facultade de Económicas e Empresariais no Campus Norte vaise proxectar o documental “Con tu dinero”, que tamén pode servir como xeito de formarnos ou informarnos sobre este tema.

Remueve tu dinero

Tags: , , , ,

Comments No Hay Comentarios »

Se o pasado mes de marzo celebramos o Mes do Ensanche en PANXEA, este mes querémosllo adicar a outro barrio moi próximo, o de Pontepedriña, no que residen moitas persoas socias, voluntarias ou clientas de PANXEA.

Por iso, para achegarnos a vós, veciños e veciñas do barrio, estamos programando varias actividades no barrio das que vos iremos informando na nosa páxina en facebook, e por suposto, os veciños e veciñas que vivan, traballen, estudien, … no barrio de Pontepedriña terán o mesmo desconto que as persoras socias de PANXEA en tódolos produtos que temos na tenda da rúa da Rosa nº 36, Santiago.

Agardámosvos veciños e veciñas!!!

Tags:

Comments No Hay Comentarios »

Na fin de semana do 15 ao 17 de marzo PANXEA participou na II Asemblea estatal que Fiare-Banca Popolare Etica (Fiare-BpE) celebrou en Rivas Vaciamadrid coa participación de máis de 420 persoas e organizacións de todo o estado.

As actividades comezaron o venres pola mañá coa Xunta estatal de Fiare, e continuaron pola tarde cunha xuntanza de representantes dos diferentes Grupos de Implantación Territorial (G.I.T.) a nivel estatal cunha nutrida representación de socios e socias chegada de Italia.

O sábado 16 celebrouse a Asemblea, onde nos informamos de primeira man sobre o estado da integración de Fiare na cooperativa de crédito BpE, e dos pasos que se están a dar para completar a operativa bancaria que Fiare xa se está a dar coa oferta de novos produtos e servizos que se vai seguir implementando ao longo do ano.

Procedeuse tamén na asemblea á validación da elección do Comité de Ética estatal e á ratificación de Peru Sasia como candidato estatal ao Consello de Administración da cooperativa, así como a presentar ás persoas coordinadoras e vicecoordinadoras dos 19 G.I.T. estatais, que se articulan en tres Zonas a nivel estatal, estando encadrados os dous GIT galegos na Zona Norte, xunto cos G.I.T. vascos e navarros.

A día de hoxe FIARE reúne a nivel estatal a 3.908 persoas e organizacións socias e máis de 4 millóns de euros en capital social. Na actualidade ten financiados proxectos por valor de 31 millóns de euros, e recollido o aforro de persoas e organizacións por un valor total de 33 millóns de euros.

Os seus principais ámbitos de financiamento son proxectos vinculados á transformación no campo dos valores e a educación, a inserción social e laboral das persoas, a agroecoloxía, e o comercio xusto e a cooperación internacional.

Se queredes máis información, recomendámosvos a lectura do artigo titulado “Dez cousas que deberías saber sobre FIare”, publicado no xornal “Praza Pública”, ou tamén podedes acudir á propia web de Fiare: www.proyectofiare.com, ou ao blog www.fiaregz.com, ou pasarte por PANXEA os luns pola mañá e os martes pola tarde, onde che ofreceremos cumprida información sobre cómo podes unirte ao proxecto FIARE de banca ética como socia ou como cliente.

Tags: , , ,

Comments No Hay Comentarios »

En PANXEA estamos celebrando durante todo o mes de marzo o “Mes do Ensanche“, no que queremos achegarnos aos nosos veciños e veciñas con actividades no local social, charlas nas que colaboramos e que se van celebrar no Centro Sociocultural e Xuvenil do Ensanche, actividades na rúa, … e con descontos en tódolos produtos na tenda para os veciños e veciñas do barrio.

E para que vos fagades unha idea do que andamos a argallar deixámosvos un vídeo “promocional” que fixemos entre varias socias e socios e que cremos que vos vai gustar.

Tags: ,

Comments 2 Comentarios »

Este mes de marzo PANXEA quere achegarse de novo aos veciños e veciñas do Ensanche, e imos facer unha oferta especial para todos e todas as que vivides, traballades ou tedes relación co barrio, cun DESCONTO do 10 % NA VOSA COMPRA!!!

Para isto só tedes que pasarvos por PANXEA (Rúa da Rosa, nº 36, baixo), e dicir que sodes do Ensanche (xa sexa por residencia, traballo, …) e farémosvos o desconto prometido, e se tedes a sorte de vir cunha das tarxetas que imos repartir por distintos lugares de referencia no barrio, teredes ademáis un pequeno agasallo sorpresa.

A intención é non só darnos a coñecer como cooperativa e tenda de agricultura ecolóxica, e de comercio xusto e produto local e galego de calidade e proximidade, se non tamén sentirmos parte activa no barrio no que estamos, ofrecéndo tamén as actividades de sensibilización, charlas, videofórums, etcétera, que facemos tanto no local social como fóra del, e que tamén son parte fundamental do proxecto de PANXEA, e por iso nos vindeiros días irémosvos informando doutras actividades que imos facer no barrio para que vos poidades achegar e participar.

Porque somos unha tenda de barrio, e queremos construir barrio, e porque estamos orgullosos e orgullosas do noso barrio e dos nosos veciños e veciñas, xa sabedes, este mes de marzo, se sodes do Ensanche, estades do sorte, porque podedes disfrutar de alimentación saudable, xusta, ecolóxica e socialmente responsable, ademais dunha chea de actividades, cun desconto importante que non podedes deixar escapar.

Agardámosvos veciños e veciñas!!!

Tags: , , ,

Comments No Hay Comentarios »

Ola a todos e todas!

Temos unha novidade importante que contarvos!!!

Como ben sabedes o ano pasado foi o Ano Internacional das Cooperativas, pero en PANXEA sóubonos a pouco, e decidimos seguir celebrando que somos unha cooperativa e que o cooperativismo está hoxe máis vivo que nunca, así que, con iso de que un dos principios básicos do cooperativismo é a INTERCOOPERACIÓN, decidimos facer un agasallo para toda a familia cooperativa!

Durante todo este mes de febreiro, se eres parte dunha cooperativa como persoa socia, traballadora, socia de traballo, socia traballadora, … se te achegas por PANXEA terás un 10% DE DESCONTO en tódolos produtos que che ofrece PANXEA: comercio xusto, produtos locais frescos e de tempada, produtos agroecolóxicos, …

Só tes que dicirnos o teu nome e a cooperativa da que formas parte, e poderás disfrutrar de todo o que che ofrecemos en PANXEA dende xa, así que, COOPERATIVISTAS, AGARDÁMOSVOS!!!

Tags: , , , , , , , , , , ,

Comments No Hay Comentarios »

Este sábado día 12 os nosos compañeiros e compañeiras de AIS O´Peto celebran a súa Asemblea a partires das 10:00 horas na libraría Couceiro de Santiago de Compostela (sita na Praza de Cervantes).

Ao finalizar a asemblea, e no mesmo lugar, convídannos a dúas actividades moi interesantes que queremos compartir convosco:

11.00h: Encontros con proxectos financiados por AIS O´Peto:  AMIPA, Vento do Sul e A Casiña.

12.00h: Mesa redonda “Banca Pública” coa presenza de Carlos Mella e Francisco Constenla.

Para os ou as que aínda non coñezades AIS O´Peto voltamos a enlazarvos este vídeo no que a súa actual presidenta nos explica qué é e cómo funcionan:

Tags: , , ,

Comments No Hay Comentarios »