Este sábado día 12 celébrase o Día Mundial do Comercio Xusto, e as organizacións que forman parte da Comisión de Comercio Xusto da Coordinadora Galega de ONGD organizan unha xornada lúdica e festiva co lema “Xusto ao teu carón” na que contarán coa participación activa de colectivos e entidades que tamén traballan en termos de consumo responsable, xusto, sustentábel e respectuoso coas persoas, as culturas e o medio ambiente, dende grupos de produtores e produtoras, cooperativas de consumo, organizacións de banca ética, …
O obxectivo é amosar á cidadanía que hoxe existen alternativas de consumo reais en Galicia que respetan os principios do Comercio Xusto tanto no eido social como no medioambiental.
No caso de Compostela, ademais da exposición “O Comercio Xusto é …” que aínda podedes visitar no 3º andar da Biblioteca Ánxel Casal ata o vindeiro día 15 de maio, queremos celebrar especialmente o Día Mundial do Comercio Xusto convidádovos a todos e todas a un almorzo “slow food” que realizaremos no noso local, na rúa da Rosa nº 36 baixo, a partires das 11:00 horas e no que poderemos xuntarnos a tomar un café, cacao, leite, queixo, torradas, … e sobre todo a compartir ese día e a prepararnos para a xornada reivindicativa que está a organizar o movemento do 12M-15M, e que en Compostela se concreta na manifestación que sairá esa mesma tarde a partires das 18:00 horas da tarde da Alameda.
Para a primeira semana de maio estamos a preparar varias cousas relacionadas coa celebración do Día Internacional do Comercio Xusto, que se celebra tódolos anos no segundo sábado do mes de maio.
Nestes días irémosvos informando polo miúdo de varias actividades como a inauguración daexposición “O Comercio Xusto é …”ou a presentación do comic “¿Qué é o comercio xusto?”que realizaremos na Biblioteca Ánxel Casalna primeira semana de maio, pero hoxe, querémos anunciarvos que o vindeiro día 3 de maio, xoves, faremos no noso local social (Rúa da Rosa, nº 36, baixo), a presentación das Viaxes Solidarias que organiza SODePAZ, ONGD coa que compartimos traballo no “Espacio por un Comercio Justo” e que desenvolve xunto con PANXEA o proxecto de cooperación ao desenvolvemento e soberanía alimentaria en Ocurí, Bolivia.
Para este ano teñen preparadas viaxes de dúas ou tres semanas a Cuba, Palestina, Nicaragua e Bolivia, co obxectivo de coñecer a realidade social, política e cultural destes pobos, a través da propia viaxe e de visitas e reunións con movementos sociais, ONGs locais e outras organizacións de base dos propios países.
A presentación será ás 19:30 horas, e contará coa presenza de Alain Hellies, coordinador do programa de Viaxes Solidarias de SODePAZ.
E para finalizar a semana adicada á Soberanía Alimentaria, enmarcada arredor do día internacional da loita campesina, dende PANXEA queremos finalizar a semana facendo unha homenaxe ás persoas e colectivos que, dende o espazo da produción de alimentos, traballan en Galicia en clave de soberanía alimentaria.
Son proxectos que tamén incorporan, en maior ou menor medida, principios de comercio xusto, consumo responsable e economía solidaria, e que queremos dar a coñecer e poñer en valor, con esta publicación que hoxe vos presentamos, e tamén coa presenza dos seus produtos no día a día nos nosos puntos de venta.
A publicación chámase “Guía de proxectos de Soberanía Alimentaria en Galicia” e elaborámola entre PANXEA, Árbore, A Cova da Terra e A Xoaniña, organizacións que traballamos en rede dentro da Rede Galega de Consumo Consciente e Responsable, e nela presentamos ata 27 iniciativas que xa están a traballar en Galicia en clave de soberanía alimentaria.
Para cada unha das iniciativas incluimos unha descripción e una ficha técnica que indica os canais de comercialización, as súas fontes de financiación, as redes nas que colaboran, o número de persoas traballadoras e outros datos de interese.
Estamos seguros de que a Guía vai ser útil para dar a coñecer e poñer en valor estas iniciativas, animar a persoas emprendedoras que queiran traballar nesta clave, e axudar tamén a que as persoas consumidoras teñan a posibilidade de facer un consumo mais informado, consciente e responsable.
En Galicia haberá distintas actividades, entre as que queremos destacar a celebración das “VI Xornadas de Agroecoloxía de Ourense”, das que podedes atopar información e programación completa neste enlace: http://www.konsumoresponsable.coop/formacion/vi-xornadas-de-agroecoloxia-de-ourense
Pola nosa banda, tamén celebraremos o día 17 de abril, uníndonos ao chamamento publicado pola Vía Campesina para este ano, e que podedes ver na páxina web de de Konsumo Responsable, ou na propia web da Vía Campesina: http://www.viacampesina.org/, e o faremos o propio martes, que é o día en que os socios e socias da cooperativa recollemos a cesta de produtos locais na tenda de PANXEA, que é o noso xeito de apostar durante todo o ano pola produción local, sostible, agroecolóxica, xusta e que impulsa a economía produtiva dun xeito alternativo con realidades e proxectos de soberanía alimentaria de produtores e produtoras do país e consumidores e consumidoras concienciados coa loita campesiña e a soberanía alimentaria.
Nos vindeiros días iremos informándovos de novas iniciativas, así que estade atentos nesta web-bolg, ou na páxina de PANXEA en Facebook, á que podedes acceder dende o recadro que tedes nesta mesma páxina arriba, á dereita.
PANXEAapoia a folga xeral convocada para mañá día 29 de marzo, tanto na súa forma tradicional de folga de traballo como coas propostas que dende diferentes redes sociais se está a propoñer de que sexa tamén unha folga de consumo, iniciativa que tedes explicada neste vídeo:
Neste senso invitámosvos a ler os comunicados emitidos por dúas das redes das que formamos parte argumentando o porqué do seu apoio á folga, tanto pola Coordinadora Galega de ONGD, neste comunicado de apoio, coma por parte de REAS-Red de Redes, tamén cun comunicado de apoio, comunicados ambos que vos invitamos a ler e compartir.
Por todo isto, a tenda permanecerá pechada mañá xoves día 29 de marzo durante todo o día, retomando a actividade ao día seguinte, venres día 30.
E como a cousa non para, esta semana tamén temos unha chea de actividades ás que queremos invitarvos a participar.
O xoves día 22, a partires das 19:00 horas, PANXEA estará no Salón de Actos da Biblioteca Pública Ánxel Casal(rúa Xoán XXIII s/n.) xunto con Pepe Carreiro, autor e creador dos Bolechas para presentar o libro “Os Bolechas van á Cooperativa”, explicando como é o proceso de creación das aventuras dos Bolechas e cómo crecen no papel cada un dos personaxes e debuxará algúns en directo. ¡Non olvidedes levar os vosos exemplares para que volos firme!
O venres 23 estarán connosco no local social da cooperativa a partires das 20:00 horas catro membros da confraría de pescadores de Mar de Lira, para explicarnos o seus proxectos de turismo mariñeiro e de pesca sostible na reserva mariña dos Miñarzos, e ver cómo podemos comezar a incluir nos pedidos para os socios e socias de PANXEA o peixe e marisco de gran calidade que eles pescan de xeito artesanal e cun coidado exquisito do medio no que viven, así que xa sabedes, a facervos socios e socias e desfrutar do peixe e o marisco de Mar de Lira!
E para rematar, o sábado día 24 de marzo, PANXEA organiza xunto con SODePAZ un obradoiro básico de iniciación á cooperación ao desenvolvemento baixo o nome: “Cooperación en Galicia para tempos de crise”. O obradoiro desenvolverase no noso local social, na rúa da Rosa, nº 36 baixo, con horario de 10:00 a 14:00 horas, e as persoas encargadas de coordinalo serán Manuel Vanegas Ayala e Clotilde Routier, responsables da área de proxectos de SODePAZ con ampla experiencia na materia. Dado que as prazas para o obradoiro son limitadas, as persoas interesadas deben enviar un correo-e para inscribirse con data límite do xoves 22 de marzo ás 22:00 horas, ao enderezo: redes(arroba)panxea.org, indicando os seguintes datos: nome completo, correo-e ou teléfono de contacto, organización á que pertence (se é o caso), e coñecementos en materia de cooperación (en dúas ou tres liñas).
O cupo irase cubrindo por orde de recepción dos correos-e de inscrición (aínda que os socios e socias de PANXEA ou SODePAZ terán preferencia). Se queredes máis información sobre o obradoiro poñédevos en contacto connosco no teléfono 649-350628.
Esta semana ven cargada de actividades interesantes ás que vos invitamos a sumarvos.
En primeiro lugar, o vindeiro sábado día 17 celebrarase o IV Encontro da Rede Galega de Sementesque comezará ás 11:00 horas na Porta do Camiño, en Compostela, e no que haberá durante todo o día distintas actividades como charlas, obradoiros, troco de sementes, concertos, ….
E para o domingo 18, os compañeiros e compañeiras da asociación ecoloxista ADEGA organizan a I Feira de Produtos Naturais e Artesáns nas instalacións da Eira da Xoana, no lugar de Ramil, concello de Agolada, nos que, ademais da propia feira, haberá tamén xogos, obradoiros, e pola tarde a mesa redonda “A soberanía alimentar. Diversas perspectivas” na que PANXEA participará xunto cos compañeiros e compañeiras de A Cova da Terra (Lugo) e da cooperativa de agricultura ecolóxica Raínha Lupa, de Quilmas (Carnota), e na que abordaremos o tema da soberanía alimentaria dende a perspectiva da produción, os grupos e cooperativas de consumo, ou o comercio xusto.
E para a vindeira semana xa temos preparadas varias actividades entre as que queremos destacar especialmente a presentación o xoves día 22 a partires das 19:00 horas na Biblioteca Ánxel Casal do libro dos Bolechas que PANXEA ven de editar titulado “Os Bolechas van á cooperativa” no que contaremos coa presencia de Pepe Carreiro, creador da saga Os Bolechas, a mesa redonda que realizaremos o venres día 23 pola tarde no noso local social na Rúa da Rosa nº 36 baixo cos compañeiros da confraría de pescadores de Mar de Lira, ou o Curso de iniciación á cooperación ao desenvolvemento que realizaremos o sábado día 24 pola mañá tamén no noso local social xunto cos compañeiros e compañeiras de SODePAZ e do que vos informaremos estes días.
De todo isto e de moito mais falaremos o sábado 17 pola mañá no programa de radio “Con voz de sábado” de Radio Voz, no que a partir desta semana cambiamos o horario habitual da nosa colaboración, que pasará a ser arredor das 11:45 horas tódolos sábados.
Hoxe 8 de marzo, Día Internacional da Muller Traballadora, TVE emitiu unha reportaxe especial sobre Mulleres e o Cooperativismo, titulado “Cooperar en feminino“, con casos de cooperativas dirixidas por mulleres onde a igualdade é sagrada “porque practican a igualdade con maiúsculas, a conciliación e o salario sen xénero”.
O programa chámase “Aquí hai traballo” e incluiu tamén entre as cooperativas visitadas a unha das nosas proveedoras de comercio xusto en PANXEA: IDEAS, ou unha cooperativa galega, ARDORA, coa que compartimos espazo na Rede de Economía Alternativa e Solidaria de Galicia (REAS-Galicia).
Velaiquí tedes o programa (a partires do minuto 4:50 e ata o minuto 10:00); ou tamén podedes velo copiando a dirección no voso navegador: http://www.rtve.es/alacarta/videos/aqui-hay-trabajo/aqui-hay-trabajo-08-0312/1343601/
Ao mesmo tempo, dúas compañeiras de PANXEA estiveron hoxe no Concello de Porto do Son facendo un obradoiro coa mesma temática, a de muller e cooperativismo.
E nunha liña similar, pero falando de Muller e Soberanía Alimentaria tivemos a sorte de compartir estes días dous momentos coa lideresa indíxena guatemalteca María Rosario López Juárez que está en España invitada pola organización irmá SODePAZ, que é parte, coma PANXEA do “Espacio por un Comercio Justo“, o pasado martes na Biblioteca Pública Ánxel Casal xunto con Lidia Senra (do Sindicato Labrego Galego), e onte no propio local social de PANXEA.
Con elas compartimos reflexións sobre a situación da muller en Galicia e en Guatemala, o que imos avanzando e o moito que queda aínda por facer. Aquí tedes a foto do encontro de onte!
E recordade que podedes ler o manifesto e mais as distintas accións que aínda se van desenvolver esta semana neste enlace á páxina web da Marcha Mundial das Mulleres, e participar o vindeiro domingo día 11 na manifestación que sairá ás 12:00 horas da estación de tren en Compostela, como acto final da campaña “Mulleres galegas en loita polos nosos dereitos”.
A vindeira semana imos centrala na celebración o día 8 de marzo, Día Internacional da Muller Traballadora, e desde PANXEAqueremos apoiar as accións que distintos colectivos feministas celebrarán esa semana no marco da campaña “Mulleres galegas en loita polos nosos dereitos!” e que se presentou a pasada semana con este texto: “Despóis da posta en marcha da campaña polo 8 de Marzo ‘Mulleres galegas en loita polos nosos dereitos’ están en marcha as actividades/actos locais cos que as feministas galegas preparamos este ano a reivindicación no noso día internacional. Convocatorias de charlas, accións de rúa, mobilizacións, encontros de mulleres, debates e todo tipo de espazos comúns teñen lugar estes días nos que, xuntas, camiñamos cara o 8 de Marzo”.
En PANXEA queremos aportar tamén o noso grao de area coa celebración de dous actos centrados na relación das mulleres coa soberanía alimentaria e o comercio xusto, e por iso estaremos o día 6 de marzo a partires das 19:00 horas na Biblioteca Pública Ánxel Casal coa lideresa indíxena guatemalteca María Rosario López Juárez, que está en España invitada pola organización irmá SODePAZ, que é parte, coma PANXEA do “Espacio por un Comercio Justo“
María Rosario nos falará sobre a situación das “Mulleres indíxenas pola soberanía alimentaria en Guatemala“, acto que repetiremos ao día seguinte, mércores 7 de marzo a partires das 20:00 horas da tarde no local social de PANXEA, sita na rúa da Rosa nº 36, baixo. Agardámosvos!
O movimento méxicano “Vive Responsable” é un colectivo que traballa en México nunhas claves similares ás que defendemos dende PANXEA.
Para que poidades coñecer o seu traballo presentámosvos un par de vídeos realizados polo movemento e que nos presentan o seu xeito de entender e traballar por un consumo máis responsable, máis colaborativo e máis conciente, dacordo co seu lema: “Cambiando os nosos hábitos, podemos cambialo TODO!!!”
E un segundo vídeo sobre “consumo colaborativo” coa presentación do movemento